Vivimos en comunidade

Na busca dun fogar

Un grupo de irmáns que amosan a súa valentía buscando un novo fogar; no seu camiño toparán de todo: mares, montañas, monstros... pero eles proseguirán o seu camiño porque teñen que buscar un lugar axeitado para residir todos xuntos. Trafegando ronseis.

 

Los ojos de Lena

A protagonista desta historia é Lena, unha nena de curta idade que un día visita o zoo en compañía da súa nai. Pero o zoo non é o lugar que ela pensara que sería porque os animais non reciben o trato que deberían. Lena séntese mal e decide que ten que cambiar as cousas.

O xigante

O Xigante é unha ventá que mostra a fantástica viaxe que é medrar. Porque O Xigante simboliza o corazón de todos os pais, homes e mulleres que a través da súa mirada revelan o mundo as súas crianzas, axudándoas a construír o seu universo, a trazar os seus camiños, a corrixir calquera desvío no magnetismo do seu compás... e a deixalas marchar cando chegue o momento axeitado.

Distribuir contido