RAPAZAS EMPRENDEDORAS NAS TIC

MES DA CIENCIA CON TOUPICIENCIA

 

 

Unha das actividades que fixo o alumnado de primeiro durante o Mes da Ciencia foi visualizar vídeos de Toupiciencia, a miniserie de divulgación científica na que Toupiña e outros monicreques descobren o mundo da ciencia.

Pasárono moi ben e mesmo se animaron a representar algúns dos contidos traballados...

 

A SUPERCOMPUTACIÓN NA TÚA VIDA

 

O pasado venres, 24 de setembro os cursos de 4º e 6º de Educación Primaria gozaron dunha charla sobre "A Supercomputación na túa vida".

A exposición, foi en rede e estaba organizada polo CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) no marco da  “G-NIGHT” (Noite Galega das Persoas Investigadoras)

 

Tratábase dunha actividade deseñada  para que o alumnado aprenda que é e como fan uso da Intelixencia Artificial e do Big Data nas súas vidas. 

As nosas alumnas e alumnos puideron coñecer de primeira man os seguintes contidos: 

  • Que é un supercomputador
  • Como é o supercomputador FinisTerrae instalado no Centro de Supercomputación de Galicia
  • Que é a Intelixencia Artificial e o Big Data e usos destas tecnoloxías no día a día.

 

O ALBINO E AS TIC

 

"O ALBINO E AS TIC" é o título que lle demos a este proxecto que se enmarca dentro do Plan Proxecta: Rapazas Emprendedoras nas TIC. 

A través deste espazo iremos compartindo as diferentes actividades e contidos que vaian xurdindo no marco deste plan, a través do cal, pretendemos fomentar aptitudes e actitudes encamiñadas a acadar unha axeitada competencia dixital no noso alumnado, facendo especial fincapé na formación e empoderamento das nosas alumnas.

Alén disto, tamén queremos aproveitar para promover valores como a igualdade, a integración, a empatía, a tolerancia e o respecto.

Achegar unha visión libre de prexuízos e mitos do eido científico-tecnolóxico co gallo de fomentar a participación e a integración das mulleres no mesmo e camiñar cara a redución da fenda dixital de xénero é un dos alicerces nos que se basea este traballo. 

Powered by Drupal - Design by artinet