Consello escolar

Composición do Consello Escolar

Esta é a composición do Consello Escolar para este curso 2021/2022:  

CONSELLO ESCOLAR CURSO 2021/2022
EQUIPO DIRECTIVO

XOSÉ RODRÍGUEZ IGLESIAS

Mª DEL PILAR ALONSO FERNÁNDEZ

Mª DOLORES FORMOSO GONZÁLEZ

REPRESENTANTES DO PERSOAL DOCENTE

Mª JOSÉ CASAS GONZÁLEZ 

LAURA LÓPEZ BLANCO

CONCEPCIÓN Mª REZA SOBRADO

EVA VIDAL FERRO 

REPRESENTANTES DOS PAIS/NAIS

ANTONIO CONDE LOUREIRO 

EVA MARÍA FERNÁNDEZ MASSA 

Mª ESTHER PÉREZ ENRÍQUEZ

REPRESENTANTE DA ANPA SANDRA LUCÍA IGLESIAS
REPRESENTANTE DO PERSOAL NON DOCENTE MILAGROS GÁNDARA OLEA
REPRESENTANTE DO CONCELLO F. STELLA ESTRADA MOSQUERA 

I.- ¿QUE É O CONSELLO ESCOLAR?

O Consello Escolar do centro é o órgano a través do cal participan os distintos membros da comunidade escolar na organización do Centro.

II.- ¿QUEN COMPÓN O CONSELLO ESCOLAR DO CEIP PROFESOR ALBINO NÚÑEZ?

- O director, que é o seu presidente.

- A xefa de estudos.

- Cinco profesores/-as elixidos/-as polo Claustro.

- Cinco representantes dos pais/nais ou titores legais dos/-as alumnos/-as (un/unha deles/-as proposto/-a pola ANPA).

- Unha representante do persoal de administración e servizos.

- Un/unha concelleiro/-a ou representante do Concello de Ourense.

 - A secretaria do centro, que actuará como secretaria do consello.

 III.- ¿CALES SON AS COMPETENCIAS DO CONSELLO ESCOLAR?

Segundo o artigo 127 da nova Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOMLOE), as competencias do Consello Escolar do centro pasan a ser as seguintes:

 a. Aproar e avaliar os proxectos e as normas aos que se refire o Capítulo II do Título V da presente lei.

b. Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro, sen prexuízo das competencias do Claustro de profesorado, en relación coa planificación e a organización docente.

c. Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

d. Participar na selección do director ou directora do centro nos termos que a presente lei establece. Ser informado do nomeamento e cese dos demais membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do director ou directora.

e. Decidir sobre a admisión do alumnado segundo o establecido nesta Lei e as disposicións que a desenvolvan.

f. Impulsar a adopción e seguemento de medidas educativas que fomenten o recoñecemento e a protección dos dereitos da infantia.

g. Propoñer medidas e iniciativas que favorezan os estilos de vida saudable, a convivencia no centro, a igualdade efectiva de mulleres e homes, a non discriminación, a prevención do acoso escolar e da violencia de xénero e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.

h. Coñecer as condutas contrarias á convivencia e a aplicación das medidas educativas, de mediación e correctoras velando por que se axusten á normativa vixente. Cando as medidas correctoras adoptadas polo director ou directora correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, á instancia dos pais, nais e titores legais, ou no seu caso o alumnado, podrá revisar a decisión adoptada e propoñer, no seu caso, as medidas oportunas.

i. Promover progresivamente a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar para a mellora da calidade e a sostenibilidade e aprobar a obtención de recursos complementarios de acordo co establecido no artigo 122.3.

j. Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativas e culturais, coas Administracións locais e con outros centros, entidades ou organismos.

k. Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.

l. Elaborar propostas e informes, á iniciativa propia ou á petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade de xestión, así como sobre aqueles outros aspectos relacionados coa calidade da mesma.

m. Aprobar o proxecto de presuposto do centro.

n. Calquera outra que lle sexan atribuidas pola Administración educativa.

Powered by Drupal - Design by artinet