Sinais de identidade

SINAIS DE IDENTIDADE

 

ALICERCES / FUNDAMENTOS BÁSICOS  DA ACCIÓN EDUCATIVA:

a. CEIP PLURILINGÜE PROFESOR ALBINO NÚÑEZ declárase como centro aconfesional,     fomentando e garantindo actitudes de respecto e tolerancia cara todo tipo de crenza relixiosa

b. Unha coeducación fundamentada nos valores dunha sociedade plural, democrática e responsable.

c. A oferta dun ensino de calidade baseado no desenvolvemento dunha educación biopsicosocial como medio para acadar a formación integral do individuo.

d. Un centro aberto á información, innovacións e propostas educativas que contribúan a mellorar a calidade do ensino.

e. Orientación do alumnado cara a un progresivo desenvolvemento das capacidades e competencias que fomenten un xuízo crítico que derive en persoas libres e autónomas dentro dunha sociedade plural e solidaria.

f. Aprecio pola identidade propia como camiño inequívoco para valorar a diversidade.

g. Unha metodoloxía apropiada a cada acto educativo.

h. Flexibilidade para adecuar a educación á diversidade de aptitudes, intereses, expectativas e necesidades do alumnado, así como aos cambios que experimentan este e a sociedade.

i. Optimización dos recursos humanos e materiais dispoñibles para poder atender un abano o máis amplo posible dentro da acción educativa.

l. Oferta de servizos (transporte / comedor escolar) e actividades complementarias e extraescolares que faciliten ao alumno/-a participar nun proceso integral da súa formación como persoa.

 


UN MODELO EDUCATIVO DEMOCRÁTICO, LAICO,  INTEGRAL, INTEGRADOR, COEDUCATIVO, POTENCIADOR DE VALORES COMO A PAZ, A SOLIDARIEDADE, A LIBERDADE, A RESPONSABILIDADE, O ESFORZO, A TOLERANCIA, A PARTICIPACIÓN, O RESPECTO AO MEDIO AMBIENTE E O COÑECEMENTO E ESTIMA DOS VALORES CULTURAIS PROPIOS E O RESPECTO POLOS ALLEOS.

 

Powered by Drupal - Design by artinet