Escola de pais/nais

COMO FALAR PARA QUE OS NENOS ESCOITEN E COMO ESCOITAR PARA QUE OS NENOS FALEN

Premendo na imaxe podedes ler este libro que nos da  pautas moi interesantes

BAIXO RENDEMENTO ACADÉMICO: POSIBLES CAUSAS E SOLUCIÓNS

O baixo rendemento académico pode deberse a múltiples causas: falta de concentración, escaso interese, falta de atención, retraso madurativo, problemas emocionais... Se picdes na imaxe atoparedes un artigo que trata as posibles causas e solucións.

TRUCOS PARA ENSINARLLES A APRENDER E NON A MEMORIZAR

Establecer unha rutina de repaso, premiar o  esforzo e respectar o tempo de descanso son algunhas das claves para conseguir a implicación dos nosos fillos no  estudo e que entenda que iso que pode parecerlle un verdadeiro 'rollo' é algo bo e positivo para el. O papel dos pais nesta tarefa é fundamental sobre todo a partir de Primaria. Nesta etapa é convinte aplicar estratexias para motivar ao neno e tamén para mellorar os resultados académicos. Se queredes coñecer algúns trucos para ensinarlles a aprender picade na imaxe

AXÚDALLE AO TEU FILLO A DESCUBRIR OS SEUS TALENTOS E HABILIDADES

Sabedes cales son os talentos do voso fillo/filla? Que cousas lle apasionan? Que cousas sabe facer moi ben? Son preguntas que como pais debemos facernos, e , son preguntas que nos axudan a entender mellor quen son os nosos fillos e como podemos axudarlles a desenvolver mellor as súas habilidades e tlentos naturais. Se picades na imaxe atoparedes un interesante artigo con moitas recomendacións.

NECESIDADE DE ESTABLECER LÍMITES

Os nos necesitan límites que lles sirvan de guía para  a súa conduta e propicien un desenvolvemento san e  a formación dunha identidade madura e responsable.

Os límites e as regras, serán as orientacións que sirvan de base para regular a propia conduta. A través deles os nenos  diferenciarán o que poden do que non poden facer, e aprenderán que os  seus actos, tanto os bos coma os malos, teñen consecuencias das que eles son os responsables.

 

Poñer límites non sempre é unha tarefa sinxela. En moitas ocasións non sabemos se nos estamos pasando ou  nos quedamos curtos, non temos claro as regras e non  llas transmitimos de forma clara. Cando isto ocorre e educamos aos nenos  sen límites as consecuencias son moi  negativas. É fundamental aprender a poñer límites aos niños. A psicóloga e pedagoga Celia Rguez danos pautas no seguinte artigo. Se queredes lelo premede na imaxe

DISLEXIA OU DIFICULTADES LECTORAS?

Picando na seguinte imaxe atoparedes un interesante artigo sobre a dislexia, os seus síntomas e o seu pronóstico.

 

ORGANIZANDO AS TAREFAS ESCOLARES

Se picades na imaxe teredes pautas para que os vosos fillos/as aprendan a organizar o seu tempo de estudo para evitar as presas e os agobios de última hora que non dan bos resultados.

PAUTAS PARA FOMENTAR O HÁBITO DE ESTUDO

Estudar é unha tarefa que se pode aprender empregando unha serie de estratexias que favorecen a adquisición do hábito de estudo.

Os hábitos son actos que se adquiren pouco a pouco a través da experiencia, coa práctica  acábanse automatizando, de forma que se repiten habitual e regularmente.

Un hábito de estudo, é un conxunto de accións destinadas a estudar que se repiten e que son as determinantes do rendemento e dos resultados académicos.

 

Son moitos os casos nos que os estudantes fracasan por una falta de bos hábitos de estudo, é dicir, as accións que poñen en marcha cando estudan non son efectivas  e non se obteñen bos resultados. 

Para adquirir un bo hábito de estudo pica na seguinte imaxe

COMO ENSINAR AOS FILLOS A SER ASERTIVOS

O termo Asertividade fai referencia á capacidade de defender os propios dereitos, sen deixarse manipular e sen manipular aos demais. Cando unha persoa se comporta de maneira asertiva ten presente os sus dereitose  inténtaos defender, respectando os dereitos dos demais. O  seu obxectivo non é saírse coa súa senón que intenta chegar dunha forma positiva a un acordo por medio da negociación, onde ambas partes gañan e ceden á vez. Se pucades na imaxe atoparedes pautas para ensinarlle aos vosos fillos a ser mais asertivos

ESTRATEXIAS EXITOSAS PARA FALAR COS NENOS

Que sucede cando as palabras, as ideas e os sentimentos saen dos nosos beizos e se introducen nos oídos e nos ollos dun neno?

Isto chámase comunicación. A comunicación  non só se relaciona  co que dicimos, senón  co modo no que o dicimos. Este é un elemento clave no desenvolvemento  dos nenos saudables. A comunicación é moito máis que as palabras.

Comunicámonos coa mirada – sorrisos e xestos; coas accións -, con abrazos e palmadas, e incluso co silencio,  cálido e frío. Usualmente, os adultos teñen unha boa comunicación cos nenos cando dan direcións o explican perigos comúns.

Por outro lado, moitas veces teñen dificultade para  comunicarse cando los sentimentos – do neno ou  os propios – están involucrados. A modo de exemplo, o folleto “Estratexias Exitosas para Hablar con Niños Pequeños” amósanos  como empezar a falar e a  escoitar con sentimentos. Suxire modos de canalizar as palabras e os sentimentos que serán escoitados … pero que no causarán dano. Unha boa comunicación é importante para agora y para despois, xa que axuda aos nenos a desenvolver a  súa confianza en si mesmos e a afirmar as súas relacións cos demais. A boa comunicación fai a vida mais fácil tanto para eles como con eles mesmos.

 

 Unha boa comunicación conduce a relacións cálidas, cooperación e sentimentos de autoestima. Unha comunicación pobre conduce a relacións frustrantes, a conflitos e a sentimentos de inutilidade. É unha boa inversión o aprender a ser un bo comunicador. As seguintes páxinas presentan algunhas maneiras de conversar cos vosos nenos. Espero que vos sexan útiles

Picade na imaxe

 

Powered by Drupal - Design by artinet