O pasado 9 de febreiro celebramos o ENTROIDO no cole, cun desfile, no que para seguir o fío do noso proxecto de centro, viaxamos polo mundo. Isto axudounos a aprender un pouco máis da cultura de cada un dos lugares sobre os que estamos traballando nas aulas.
Cos cambios de distribución e organización da Biblioteca, queremos tamén renovar a nosa mascota. Pedimos a colaboración do alumnado para que nos axude a atopar unha mascota nova.