Celebracións anuais

APADRIÑAMENTO LECTOR NA CASA - FOTOS

Xa comezan a chegarnos as primeiras fotos da nosa proposta APADRIÑAMENTO LECTOR NA CASA. Recordade: para celebrar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO, imos facer a actividade que facemos todos os anos no cole, pero, dende as casas. Envíade 2 fotos: unha onde se vexa o libro ou libros que ides ler e outra cos nenos léndolles o conto ou historia ou a eles lendo,se son maiores. 


CARMEN E NORA LEN "EL CASTILLO"
EVA E PABLO LEN "¿A QUÉ SABE A LÚA?
AGORA EVA LELLE A SOFÍA ·"CORRE CORRE CABACIÑA"
PABLO E CRIS LEN "MOSQUITO FEDERICO"
AGORA CRIS LE CON GUILLE "EMOCIONARIO"

 

IRIA E PAULA LEN "LOS CINCO SE ESCAPAN"
ROSA LELLE A MARTÍN "TODOS MENOS UNO"
LORENA LELLE A ANDRÉS E A SARA "TOPITO TERREMOTO"
TERESA LELLE A MATEO "LA LECHERA"
DIEGO E BRUNO LEN "AVENTURAS EN ALASKA" E "BURBUJAS"
KEKO LELLE A XEMA E A LOLA "CARABUÑAS"
   
 LALY LELLE A ERIC "COCORICO"
ESTELA LELLE A SIMÓN "O PEQUENO BORGES IMAXINA O QUIXOTE"
   
AINARA LELLE A IZAN "LOS TRES CERDITOS"
ALEJANDRO E MANUEL LEN "ASTÉRIX EN HISPANIA"
AINHOA LELLE A ÓSCAR "CUENTOS PARA NIÑOS"
   
EREA LELLE A IAGO "OSITO TITO"
AGORA ESTHER LELLE A EREA "TROLLS"
   
LOURDES LELLE A LURDES MARÍA "BOTONCITO"
   
XIÁN LELLE A MARA "EL PERRO LÓPEZ"
PATRICIA LELLE A XIÁN "DANIELA PIRATA"
IZAN E JAVIER LEN "NIÑOS DE OTRAS ÉPOCAS"
CRISTINA LELLE A MAIA "FROZEN II"
 
MARCOS LELLE A MARISA "O LIBRO GUINNESS DOS RECORDS" 
NAIR LELLE A EVA "O CROCODILO Ó QUE NON LLE GUSTABA A AUGA"
AGORA NAIR LELLE A NOA "LA VACA QUE LEÍA LIBROS"
 
IRIA LELLE A MARTIÑO " MARILUZ AVESTRUZ"
XOEL LELLE A ANTÍA "BAJO EL MAR"
AGORA É ANTÍA A QUE LE A XOEL "PIPPI MEDIASLONGAS"
LAURA LELLE A NICO "PLANETA XELATINA"
ISA LELLE A THIAGO "EL MONSTRUO DE COLORES"
JUDITH LELLE A GAEL "12 CUENTOS CLÁSICOS"
BELÉN LELLE A RUBÉN "OTRA RONDA"
   
 NICOLÁS LELLE A IRENE "EL MONSTRUO DE COLORES"
E AGORA AMPARO LELLE A NICOLÁS E A IRENE "VERSOS DEL TIEMPO"
TINA LELLE A RUBÉN "EL LOBO Y LAS SIETE CABRITAS"
MIGUEL LELLE A MARÍA: "CONOCE POR DENTRO TU CUERPO" 
AGORA É MARÍA A QUE LLE LE A UXÍA: "ESCUCHA Y BUSCA A LOS ANIMALES"
ARALE LELLE A NAREL "LA RANA RAMONA"
AGORA NOELIA LELLE A ARALE "TÚ Y YO"
JUAN LELLE A ENZO "FEROZ, O LOBO"
CAROLINA LELLE A LOLA "REVOLUCIÓN EN LA TIENDA DE ANIMALES"
PAULA LELLE A ARANTXA "DANIELA DIVERTIGUAY"
NOA LELLE A CARLA "OSITO TITO"
   
XIANA LELLE A UXÍA "TROCO"
   
CIBRÁN LELLE A MENCÍA "OS TRES BANDIDOS"
ISAAC LELLE A MAURO "ESTO NO ES UNA SELVA"
NAIR LELLE AOS SEUS PELUCHES "UN TREN CARGADO DE MISTERIOS"
ALDARA LE "LA ISLA DE LOS PERDIDOS"
JOEL LE "EL CASTILLO DE ROCA TACAÑA" E ALBA "CUENTOS MÁGICOS"
MAURO LE "LOS FUTBOLíSIMOS" E MARTÍN "EL LEÓN EN LA SABANA AFRICANA"
MANUEL LE "ARRASA CON TODO" E MATEO  "!ESTO ES EL COLMO!"
NURIA LELLE A MARTINA "LA PRINCESITA BOMBERA"

VI APADRIÑAMENTO LECTOR

Con motivo da celebración o 23 de abril do DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR o Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar organizou o VI APADRIÑAMENTO LECTOR. Esta actividade que tanto gusta a todo o alumnado do cole, tivo que celebrarse este luns día 29 de abril por culpa do mal tempo, xa que ao contar o centro con moitos espazos exteriores resulta máis motivador e gozoso realizalo ao aire libre. 

Se premedes nas imaxes veredes no blog do equipo de biblioteca todas as fotos desta actividade e doutras que se celebraron ao longo da semana do libro:

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2018-19

O pasado 24 de outubro, un ano máis celebramos no centro o DÍA DA BIBLIOTECA cunha serie de actividades programadas polo Equipo de Dinamización da Biblioteca. Entre elas, unha representación con teatriño de monicreques que realizaron os alumnos e alumnas de 4º B para todo o alumnado de infantil. 

Premede na seguinte imaxe para obter máis información sobre as actividades realizadas. 

E no seguinte enlace tamén podedes coñecer o significado desta conmemoración anual:

- DÍA DA BIBLIOTECA 

 

SEMANA DO LIBRO

Con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR (celébrase todos os anos o 23 de abril), un ano máis no centro realizamos diversas actividades ao longo da semana do 23 ao 27 de abril para conmemorar esta data. Destacamos especialmente tres:

EXPOSICIÓN DE LIBROS ANTIGOS 
V APADRIÑAMENTO LECTOR 
LENDO XUNTOS: TESOUROS DE PAPEL 

No seguinte enlace ao blog da biblioteca escolar tedes toda a información:

- ACTIVIDADES DA SEMANA DO LIBRO 

IV APADRIÑAMENTO LECTOR

Un ano máis, e xa van catro, o Equipo da Biblioteca Escolar organizou, con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, a actividade denominada APADRIÑAMENTO LECTOR e que tan bo acollida ten sempre entre os alumnos e alumnas. Esta é unha das actividades que teñen programadas con motivo da citada celebración e que se completarán ao longo desta e da vindeira semana con sesións de contacontos con KAMISHIBAI, obradoiro de marcapáxinas, coa novedosa actividade chamada BIBLIO-PATIO... actividades que podedes ver no blog da biblioteca do noso centro:

(Premede nas imaxes para acceder ao blog da biblioteca onde obteredes máis información)

OS BOLECHAS NO COLE

O pasado 16 de febreiro estivo BRAULIO, un dos personaxes dos BOLECHAS, connosco no cole gravando un programa para a Televisión de Galicia. O programa que versaba sobre o entroido, forma parte da serie BRAULIOTUBER (https://osbolechas.gal/brauliotuber/ceip-albino-nunez.php). Xa podedes ver o vídeo que realizaron no noso centro cos nenos e nenas de 3º de primaria, que lle contaron a Braulio como celebramos o entroido no cole e de que ían disfrazarse. 

Foi unha experiencia moi especial para os pequenos que ademais de vivir en directo como se grava un programa de televisión, pasarono xenial con BRAULIO ao que lle pediron que volvese outro día co seu can CHISPA.

No seguinte vídeo podedes ver diferentes momentos durante a gravación do programa.  

 

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Cada 24 de outubro celébrase o DIA DA BIBLIOTECA e como todos os anos o Equipo de Dinamización da Biblioteca do noso centro programaou diversas actividades para conmemorar esta data; entre elas, e coa colaboración das nosas "ecomascotas" MUNDOMAN E BELLI,  a convocatoria dun concurso de "ecoconsellos saudables" cos que se confeccionará un libro.

Tamén houbo unha sesión de contacontos con kamishibai para os pequenos/as de infantil e 1º de primaria

Se queredes coñecer máis detalles da actividade premede no seguinte enlace para acceder ao blog do equipo de biblioteca:

CONTACONTOS NA BIBLIO 

E para coñecer máis sobre a técnica do KAMISHIBAI, premede no seguinte:

KAMISHIBAI

APADRIÑAMENTO LECTOR

 

Para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBROo Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar organizou unha nova edición da actividade APADRIÑAMENTO LECTOR. Aproveitando o bo tempo, a actividade realizouse o luns 25 de abril en diversos espazos exteriores do recinto escolar.

 

Se queredes saber máis sobre a mesma e ver a galería de fotos, facede click nas imaxes para acceder ao blog da biblioteca escolar. 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Un ano máis, con motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, o equipo de dinamización da biblioteca preparou unha sesión de contacontos para os máis pequenos/as do cole (4º, 5º e 6º  de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria).

Sabedes que fixo de "contacontos"? No blog da biblio podedes coñecer todos os detalles.

(Premede na imaxe e iredes directamente ao blog da biblioteca)

SEMANA DO LIBRO NA BIBLIOTECA

A biblioteca do centro organizou o 22 de abril unha nova sesión de contacontos co gallo da celebración do Día Mundial do Libro. Primeiro, nun grupo, os alumnos e alumnas de Educación Infantil e a continuación, noutro grupo, os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria disfrutaron da sesión de animación á lectura "As maletas viaxeiras" que interpretou a actriz Sabela Gago.

 

E o xoves, 23 de abril, tivo lugar a segunda edición da actividade de animación á lectura "Apadriñamento lector"

(Para máis información, premede nas imaxes para ir ao blog da biblioteca)

Powered by Drupal - Design by artinet