XA ESTÁ O ENTROIDO Á VOLTA DA ESQUINA E TEMOS QUE PREPARNOS.
DEIXÁMOSVOS AQUÍ A INFORMACIÓN RELATIVA AO DESFILE DO ENTROIDO E Á INICIATIVA DE CREACIÓN DE CARAUTAS PARA DECORAR O COLEXIO.
AGARDAMOS QUE AS ACTIVIDADES SEXAN DO VOSO AGRADO!
Xa se achega o tempo de ENTROIDO e no cole imos comezar o luns cos MANDATOS DO MECO para ir entrando en acción.
O venres 25 celebraremos o Entroido no cole e podedes vir disfrazados como máis vos guste e propoñémosvos un RETO:
CREADE O VOSO DISFRACE ÚNICO, ESPECIAL, ENXEÑOSO E CREATIVO CON MATERIAIS QUE TEÑADES POLA CASA.
Farase unha mención especial na web aos disfraces que participen no RETO.
Animádesvos?
QUE EMPECE A FESTA!!
Déixámosvos aquí os mandatos para que non perdades ningunha consigna.
É TEMPO DE ENTROIDO
E QUIXEMOS TROULEAR!!
A PESARES DESTA PANDEMIA...
DISFRAZÁMONOS E BAILAMOS SEN PARAR!!
Así o fixemos o pasado venres, 12 de febreiro. Respectando as medidas de seguridade sanitaria previstas no protocolo Covid-19. Os nenos e nenas viñeron disfrazados de forma libre ao colexio, é dicir, cada un co disfrace da súa elección.
Organizouse un pequeno desfile para que todos os grupos se puidesen ver, logo cada grupo-clase bailou e trouleou, no espazo que teñen asignado para os recreos, ao ritmo de música "entroideira".
Aínda que dun xeito diferente, foi unha xornada divertida para todos/as!!
Na seguinte presentación tedes unha selección de imaxes deste entroido 2021:
E o noso entroido no suplemento XORNAL ESCOLAR do xornal LA REGIÓN:
Xa nos estamos achegando cara á celebración do ENTROIDO, pero este ano, por causa da situación sanitaria que padecemos, tamén teremos unha celebración algo distinta, esta semana non celebraremos a tradicional semana das ordes do Meco, aínda que esperamos disfrazarnos o vindeiro venres, 12 de febreiro.
Pero os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria xa participaron nun obradoiro sobre esta celebración tan arraigada no pobo galego, e particularmente no ourensán. Ao centro desprazáronse uns monitores do Concello de Ourense, entidade que patrocinaba a actividade, para realizar un obradoiro sobre AS MÁSCARAS DO ENTROIDO OURENSÁN que consistiu en dúas partes ben diferenciadas:
- Unha parte teórica: nun mapa da provincia de Ourense, os monitores fóronlles sinalando as vilas ourensáns onde se celebra esta festa de forma máis relevante, explicándolles cales eran os seus os costumes e os traxes típicos.
- Unha parte lúdica e plástica: os nenos e nenas decoraron en principio 4 das personaxes típicas do entroido ourensán: A PANTALLA DE XINZO DE LIMIA, O CIGARRÓN DE VERÍN, O BOTEIRO DE VIANA E O PELIQUEIRO DE LAZA. Finalmente tamén decoraron un BOTEIRO DE VILARIÑO DE CONSO.
O principal obxectivo do obradoiro era: "contribuír a conservación das nosas tradicións dunha maneira lúdica e pedagóxica traballando distintas áreas de coñecemento como son a plástica e a pintura, a lingua galega e as ciencias sociais".
Aos alumnos e alumnas encantoulles esta actividade que remataron adornando a porta da súa aula coa máscara dun BOTEIRO DE VIANA.
E por fin chegou o esperado día do desfile do ENTROIDO no cole.
STOP CAMBIO CLIMÁTICO FOI O TEMA ELEXIDO
POIS COA COIDADO DA NATUREZA ESTAMOS COMPROMETIDOS!!
PI, PI, COMO CONTAMINAMOS! - Unha das primeiras causas do quecemento global é a contaminación polas emisións de dióxido de carbono que danan a capa de ozono que protexe a Terra. Os medios de transporte son un dos grandes emisores destes gases…
OS DE PRIMEIRO COS SEUS COCHES ESPECTACULARES
VAN CONTAMINANDO CIDADES, ALDEAS E LUGARES
POR TODAS PARTES, RUÍDOS E POLUCIÓN,
ISO XA NON QUEREMOS, NON, NON.
CO QUECEMENTO GLOBAL, MÁIS GRANDE O VENDAVAL - Como consecuencia da expulsión de gases por parte de coches, industrias, barcos, avións… estase producindo un quentamento global da Terra que provoca que cada día en algún lugar do mundo se produzan catástofres naturais...
COMO VEÑEN OS DE SEXTO DESPOIS DO GRAN VENDAVAL,
ONDAS DE METROS, VENTOS FURACANADOS, VAIA TEMPORAL!
BORRASCAS, TREBOADAS, CICLOXÉNESES E “DANAS”,
CAUSAN PERDAS DE VIDAS E ESTRAGOS TODAS AS SEMANAS.!!
NO VERÁN VAI FRÍO, NO INVERNO VAI CALOR - As estacións tamén están cambiando, todo vai ao revés, os Polos estanse derretendo, cae sarabia ao lado do mar, nos invernos xa non xea, as sequías son terribles…
A RAPAZADA DE QUINTO NON SABE QUE ROUPA PÓR,
NO INVERNO VAI FRÍO, NO VERÁN VAI CALOR,
MIÑA NAI, QUE POÑO HOXE, CHOVERÁ OU SAIRÁ O SOL?
ABRIGO, BUFANDA, SANDALIAS, PARAUGAS OU PARASOL??
AUGAS CONTAMINADAS - Outro dos grandes problemas é a eliminación dos residuos, sobre todos dos plásticos, e a contaminación das augas. Plásticos e lixo enchen mares, ríos, lagos, regatos… provocando a súa contaminación e a morte dos animais que viven neles on nas súas ribeiras…
OS CATIVOS DE CATRO ANOS, POBRIÑOS COMO VAN,
AS AUGAS CONTAMINADAS QUE MÁGOA DAN!!
OS PESCADORES PESCAN LIXO NAS SÚAS CANAS E REDES
PLÁSTICOS E PORCALLADA NAS AUGAS VEREDES!!
ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN - Ademais dos seres humanos quenes sofren as consecuencias deste cambio climático son os animais, estamos destruíndo o seu hábitat e provocando a extinción de moitas especies...
PEQUENOS E PEQUENAS DE 5 E 3 ANOS, VEÑEN COA SÚA REINVIDICACIÓN:
QUE SE PROTEXAN AOS ANIMAIS E SE PARE A SÚA EXTINCIÓN!!
OS ICEBERGS DERRÉTESEN NOS POLOS E OS PINGÜÍNS DESAPARECEN,
OS KOALAS NAS SELVAS DE AUSTRALIA COA FORTE SEQUÍA ESMORECEN...
Paremos xa este cambio, aínda estamos a tempo de rectificar.
Na escola, na casa, na aldea e na cidade temos que empezar,
Busquemos entre todos solucións, o noso planeta hai que salvar.
Reducir, reutilizar, recuperar e reciclar xa sen tardar!!
MÁIS ENERXÍAS RENOVABLES - Estamos esgotando os recursos da Terra, temos
que utilizar outras enerxías alternativas que ademais non contaminen…
NENOS E NENAS DE TERCEIRO XA ATOPARON SOLUCIÓN,
ENERXÍAS RENOVABLES PARARÁN A POLUCIÓN!!
A ENERXÍA LIMPA DA AUGA, DO SOL E DO VENTO
UTILIZAREMOS PARA PARAR ESTE QUECEMENTO!!
DAMAS E CABALEIROS RECICLADOS - Nas nosas mans tamén están actuacións
que axuden ao noso planeta: menos consumismo, utilizar transporte público, mercar
coches eléctricos, consumir máis froitas e verduras e sobre todo reutilizar…
CABALEIROS E DAMAS DE CUARTO VAN MOI AXEITADIÑOS,
CON ROUPA REUSADA, PAPEIS E CDS, QUE BEN VESTIDIÑOS!!
MERCAR E MERCAR, TEN QUE ACABAR
REUTILIZAR E RECUPERAR, CANTO PODE AXUDAR!!!
COMANDO RECICLAXE - Outra das solucións é a da reciclaxe, darlle outra vida aos
refugallos e cousas que xa non utilizamos, con iso aforramos materias e enerxías…
QUE SOLUCIÓN NOS TRAEN OS DE SEGUNDO!!
RECUPERAR E RECICLAR PODEMOS TODO O MUNDO!!
PAPEL E CARTÓN, VIDRO E MEDICAMENTOS ,
ROUPA, PLÁSTICOS E PILAS, RECICLAREMOS A CENTOS!!
Ao rematar o noso desfile cantamos e bailamos a canción de MACACO titulada MOVING que é unha chamada para sensibilizarnos sobre o coidado do planeta Terra no que vivimos. E que di que todos xuntos podemos acadar o soño, que pequenos movementos e accións individuais ao unirse poden provocar reaccións e repercusións globais, a unión de todos pode axudar a salvar á Nai Terra.
Rematado o Entroido, deixámosvos as imaxes da semana coas ORDES DO MECO. Coma todos os anos os nenos e as nenas foron moi obedientes e seguiron ao pé da letra os mandados do MECO, enchendo de cor e alegría aulas e corredores. Aquí tedes as imaxes maís representativas:
1- O luns no cole, vaia invasión tivemos de deportistas...
ximnastas, tenistas, corredores, atletas e moreas de futbolistas!!
2- O martes preguntamos... que vos gustaría ser de maiores?
Bombeiros, policías, cociñeiros, panadeiros... ou pintores?
3- O mércores os pacifistas "hippies" encheron todo de cores...
gafas, cintas, pantalóns e camisas cheas de flores!
4- O venres como temos que deixar de malgastar
un disfrace antigo todos tivemos que volver a usar!!
|
ENTROIDO O VINDEIRO VENRES, 21 DE FEBREIRO, CELEBRAREMOS O TRADICIONAL DESFILE DO ENTROIDO. TODAS AS FAMILIAS ESTADES INVITADAS A VERNOS DESFILAR. ESTE ANO O TEMA SERÁ: STOP CAMBIO CLIMÁTICO
ESPERÁMOSVOS ÁS 12:15 DO MEDIODÍA |
|
E comezamos a semana do entroido coas tradicionais ORDES DO MECO, atentos, comezamos o LUNS vestidos dalgún DEPORTE e remataremos o venres co noso desfile STOP CAMBIO CLIMÁTICO!!!
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |