EDLG: Actividades

O ENTROIDO NO COLEXIO

O pasado 9 de febreiro celebramos o ENTROIDO no cole, cun desfile, no que para seguir o fío do noso proxecto de centro, viaxamos polo mundo. Isto axudounos a aprender un pouco máis da cultura de cada un dos lugares sobre os que estamos traballando nas aulas.

 

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO 2023

O pasado venres 10 de novembro festexamos o magosto no colexio, gozando dunha xornada de xogos populares organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 

Contamos coa colaboración do alumnado de 6º de EP que dinamizou cada un dos xogos.

Xogamos, bailamos e ramatamos cun xantar enxebre no mesmo patio: bocata de chourizo e castañas asadas na fogata que nós mesmos fixemos.

Como non podía ser doutro xeito, os nenos e nenas remataron a xornada pintándose cos tizóns.

  

 

DICÍMOSCHO NÓS!

 
O alumnado de 4ºA participou na actividade titulada “Dicímoscho Nós”. Trátase da creación dun vídeo, baseado no coñecido proxecto “Dígocho eu” da CRTVG, no que se representan distintas situacións nas que se cometen erros lingüísticos comúns e se anima a empregar a lingua galega correctamente. 
Parabéns, artistas.

DÍA DO DEPORTE NA RÚA

 

 

Para celebrar o DÍA DO DEPORTE NA RÚA que mellor idea que sair ao patio e recordar OS XOGOS POPULARES.

Pasamos un rato moi divertido xogando aos distintos xogos!

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2023

 

 Para celebrar o DÍA DO LIBRO volvemos saír ao patio para realizar a actividade de APADRIÑAMENTO LECTOR na que  os nenos e as nenas maiores lles  leron contos aos máis pequenos e ata algúns dos pequenos se lanzaron a lerlles aos maiores.

Os distintos grupos escolleron o espazo que máis lles gustou para gozar da lectura.

E para rematar puideron apadriñar un ou varios libros que se expurgaron da biblioteca para darlles así unha segunda vida. 

Pero aí non quedou a cousa, tamén houbo intercambio de marcapáxinas de agasallo entre toto o alumnado.

Un día fermoso para ler e escoitar!

 

CREACIÓN DE POEMAS EN FAMILIA

Despois de varias manualidades en familia queremos propoñervos desta volta unha actividade de creación literaria.

Que vos parece xuntarvos en familia e crear un poema?

AGARDAMOS AS VOSAS CREACIÓNS!

 

CONMEMORAMOS O DÍA DE ROSALÍA

 

 

Deixámosvos aquí as actividades que se realizaron polo DÍA DE ROSALÍA en 6º de Educación Infantil

 

INCREDIBOX

 

Polo Día de Rosalía de Castro, o alumnado de 5º empregou a ferramenta Incredibox para crear distintas melodías coas que poder acompañar o famoso poema “Adiós ríos, adiós fontes” da poetisa.

A continuación, compartimos algunhas das fermosas creacións que xurdiron grazas ao seu enxeño traballando coa antedita ferramenta e que poderedes escoitar se escaneades os códigos QR.

 

    

Powered by Drupal - Design by artinet