Curso 2022-23

VISITA DE PACO NOGUEIRAS POLO DÍA DA PAZ

 

Hoxe conmemórase o DÍA MUNDIAL DA PAZ e veunos visitar nin máis nin menos ca PACO NOGUEIRAS.

 

Nas aulas estivemos escoitando dúas das súas cancións para a PAZ: APERTAS QUE VOAN E MÓVETE.

Cancións que puidemos cantar hoxe tamén con el.

 

Un concerto ao aire libre que nos encantou. Movémonos, participamos, bailamos e pasámolo xenial.

 

Moitas grazas PACO por vir a cantar e bailar connosco!!!!

 

  

Iris tivo a sorte de ser a elexida de bailar no escenario con Paco Nogueiras e que ben o fixo. Seguiuno xenial e axudounos a non perdernos no baile!! Fantástico Iris.

PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2023-2024

 

 

Comezamos o proceso de admisión e matrícula para o vindeiro curso 2023-24 coa reserva de praza nos centros de adscrición.

Do 16 de xaneiro ao 06 de febreiro o alumnado  de 6º de primaria que desexe continuar os seus estudos no IES EDUARDO BLANCO AMOR (centro ao que está adscrito o noso centro), debe presentar o impreso de solicitude de reserva de praza

a) na secretaría do centro                                             b) por vía telemática

 

 

A solicitude de admisión pode cubrirse por vía telemática na páxina web www.edu.xunta.gal/admisionalumnado  no apartado Solicitudes - Reserva - Crear.

Feito iso poden optar por:

  • Imprimir dito formulario e entregalo na secretaría do noso centro.
  • Presentalo na Sede Electrónica a través da aplicación, se dispoñen de certificado dixital ou Chave365.


Tamén poden descargar o Impreso de solicitude ou solicitalo no centro, para cubrilo a man e entregalo posteriormente en secretaría.

 

FESTIVAL DE NADAL 2022

Chegou o Nadal e este ano puidemos celebralo como a nós nos gusta. Cun festival de cancións e baile.

Deixámosvos aquí o vídeo coas distintas actuacións.

 

MENÚ XANEIRO 2023

  

PREME NA IMAXE PARA VER O MENÚ

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

 

EN NADAL, UN LIBRO PARA AGASALLAR!!

Un ano máis xa temos as nosas recomendacións lectoras para este NADAL, que agardamos esté cheo de maxia, de ilusión e de bos momentos para compartir en familia. E que mellor forma que coa lectura? 

 

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións: libros en galego, en castelán, en inglés, de divulgación, para os máis pequenos, para os "máis" lectores... todos cheos de historias que vos encantarán e coas que gozarades.

 

Non vos esquezades de pedir como agasallo un libro (ou dous!) a Papa Noel, aos Reis Magos e/ou ao Apalpador, seguro que a eles lles encantará vir cargados de libros!! 

 

Tamén os podedes buscar na biblioteca onde haberá un exemplar esperando para visitar os vosos fogares! 

 

DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL A TODOS E TODAS! 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

MENÚ DECEMBRO 2022

  

PREME NA IMAXE PARA VER O MENÚ

Powered by Drupal - Design by artinet