Bolsas, convocatorias e axudas

Aviso: FONDO LIBROS curso 2023-2024

Informamos de que xa está publicado o listado provisional do Fondo de Libros.

Pode consultarse: 

a) na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

b) no taboleiro informativo que está no interior do colexio, en horario de 10h a 13h. 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023/2024

Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 está aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e para solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2023/2024. Nos seguintes enlaces tedes toda a información:

  ORDE COMPLETA DA CONVOCATORIA

  EXTRACTO DA ORDE DE CONVOCATORIA

  ACCESO Á APLICACIÓN FONDOLIBROS

  ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA ONDE SE RECOLLE A   DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

  ANEXO I  (solicitude) e  ANEXO II (comprobación membros computables da unidade familiar)

 

 

AVISO: FONDO LIBROS E ENTREGA DE VALES

 

Dende mañá estará publicado o listado definitivo do FONDO DE LIBROS que se pode ver tanto na aplicación fondolibros  como no tabobeiro informativo que está no interior do colexio. 

 

Do 7 ao 15 xullo en horario de 10h a 13h poden pasar polo centro a recoller os vales de libros e/ou material.

Aviso: FONDO LIBROS

Informamos de que xa está publicado o listado provisional do Fondo de Libros.

Pode consultarse: 

a) na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

b) no taboleiro informativo que está no interior do colexio, en horario de 10h a 13h. 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022/23

Do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 está aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e para solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2022/2023. Nos seguintes enlaces tedes toda a información:

  ORDE COMPLETA DA CONVOCATORIA

  ACCESO Á APLICACIÓN FONDOLIBROS

  ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA ONDE SE RECOLLE A   DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

  ANEXO I (solicitude)

  ANEXO II (comprobación membros computables da unidade familiar)

 

Convocatoria axudas para libros de Educación Infantil e comedores escolares da Concellería de Asuntos Sociais de Ourense

 

A Concellería de Asuntos Sociais do concello de Ourense abre a CONVOCATORIA para a petición de axudas de libros de educación infantil e comedores escolares para o curso 2022-23.

A axuda vai destinada a aquelas familias nas "− Que a capacidade económica anual non exceda de 4.000 euros por membro da unidade de convivencia (renda per capita) para as axudas de libros e material escolar, e de 3.700 euros por membro, para as axudas de comedor.

 

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 18 de abril ao 6 de maio, ambos os dous incluídos.

 

As instancias pódense recoller na Oficina de Atención Cidadá (Praza San Martiño 2-Baixo), nas oficinas municipais da Rúa Bispo Carrascosa 8 e en todas as UNIS de Benestar Social.

 

Toda a información destas axudas pódese consultar na páxina web do Concello de Ourense

https://www.ourense.gal/gl/actualidad/o-concello-abre-ate-o-6-de-maio-o-prazo-para-solicitar-as-axudas-para-libros-e-comedores-escolares

E na sede electrónica do concello onde tamén atoparán os anexos que hai que cubrir.

https://sede.ourense.gob.es/public/catalog-detail/62353340

 

É imprescindible encher e asinar correctamente os Anexos I, II e III

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS GRATUITAS PARA O ALUMNADO

 

NORMA QUE REGULA O PROCEDEMENTO:

 Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigtoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta conselleraí así como en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficialde Galicia nº 218 do 12.11.2021.

 

ALUMNADO DESTINATARIO:

 Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial:

 

a) Non ten que presentar a solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022

 

b) Ten que presentar a solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

 

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Deben descargar e cubrir o seguinte ANEXO e presentalo na Secretaría do centro.

VER HORARIO DE SECRETARÍA

PRAZO:

Do 15 ao 26 de novembro de  2021

 

FONDO SOLIDARIO 2021-22: LISTA DEFINITIVA

Premede na seguinte imaxe para consultar o reparto definitivo de libros do FONDO SOLIDARIO para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria para o vindeiro curso 2021-2022. Ao lado do nome de cada alumno/a aparecen os libros que lle corresponden. No listado figuran só as iniciais dos apelidos e do nome, nesta orde, por mór da protección de datos. 

 

LISTADO DEFINITIVO

REPARTO FONDO SOLIDARIO 

CURSO 2021-22

Estes libros serán repartidos nos primeiros días do mes de setembro.

FONDO SOLIDARIO CURSO 2021-22: LISTA PROVISIONAL

No seguinte enlace podedes consultar a lista provisional de admitidos no reparto de libros do fondo solidario para 3º e 4º de Educación Primaria. 

Ao lado do nome de cada alumno/a aparece o número de libros que lle corresponden. No listado figuran só as iniciais dos apelidos e do nome, nesta orde, por mór da protección de datos. 

-- LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS- FONDO SOLIDARIO CURSO 2021-22

Powered by Drupal - Design by artinet