OS BOLECHAS NO COLE

O pasado 16 de febreiro estivo BRAULIO, un dos personaxes dos BOLECHAS, connosco no cole gravando un programa para a Televisión de Galicia. O programa que versaba sobre o entroido, forma parte da serie BRAULIOTUBER (https://osbolechas.gal/brauliotuber/ceip-albino-nunez.php). Xa podedes ver o vídeo que realizaron no noso centro cos nenos e nenas de 3º de primaria, que lle contaron a Braulio como celebramos o entroido no cole e de que ían disfrazarse. 

Foi unha experiencia moi especial para os pequenos que ademais de vivir en directo como se grava un programa de televisión, pasarono xenial con BRAULIO ao que lle pediron que volvese outro día co seu can CHISPA.

No seguinte vídeo podedes ver diferentes momentos durante a gravación do programa.  

 

Powered by Drupal - Design by artinet