Curso 2022-23

REAPERTURA DO QUIOSCO CON NOVA IMAXE

 

Dentro das propostas de mellora da biblioteca recollérase o pintado do quisco que está no patio, para poder abrilo nos recreos e ofrecer ao alumnado que non ten o seu tempo de lecer na biblioteca a oportunidade de coller libros e revistas para ler no patio.

Iniciativa pola que moitos xa estaban agardando.

Bueno, pois misión cumplida. O quiosco está pintando e xa se poden coller revistas e libros nos recreos de luns a xoves.

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

 PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS é unha actividade promovida por Afundación na que unha das súas actividades consiste en que o alumnado de 5º e 6º é coordinado para pintar un mural.

O proxecto pretende a creación de murais artísticos, colaborativos e ecolóxicon con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben e depuran os contaminates que hai no aire.  Unha iniciativa enmarcada na concienciación do coidado do medioambiente.

No caso do centro escollemos unha parede do exterior do centro para pintala de xeito colaborativo entre os tres cursos.

   v

 

DÍA DE INTERNET SEGURA

O 7 de febreiro conmemórase o DÍA DE INTERNET SEGURA. O alumnado de 6ºB participou nun taller online titulado "DETECTAR O FRAUDE EN VÍDEOXOGOS" promovido polo Instituto nacional de ciberseguridade - INCIBE.  

No taller explicáronlles como detectar direccións url falsas ou inseguras, que as ofertas que chegan a través dos videoxogos acostuman ser fraudulentos e que só pretenden conseguir a súa información persoal e que teñan moito coidado coas mensaxes que reciben de persoas que descoñecen, porque poden buscar facerlles dano. 

O taller foi moi interesante, ademais recomendáronlles as seguintes páxinas para profondar máis na seguridade en Internet

INTERNET SEGURA FOR KIDS

 

Coñecendo o día da Marmota

En clase de educación artística divertímonos ao mesmo tempo que aprendemos novas tradicións americanas.

Esta vez, a nosa auxiliar de conversa, deunos a coñecer o Día da Marmota.

O Día da Marmota conmemórase en Estados Unidos cada 2 de febreiro.

Segundo a tradición, a marmota Phil é capaz de prognosticar, grazas á súa sombra, o remate do inverno e a chegada da primavera.

OBRADOIRO DE MAXIA

 

Este curso estamos levando a cabo un proxecto de maxia na escola

 Estas son as fotos do obradoiro "Magic School" no que o alumnado  aprende xogos de maxia ao mesmo tempo que practica  inglés.

  

Esta actividade forma parte do Programa Plurilingüe do colexio e conta coa colaboración do Mago Chirleta, o profesorado de educación artística e a auxiliar de conversa.     

CIRCUITO: RODANDO CARA A PAZ

 

Para seguir conmemorando o DÍA DA PAZ, fixemos un circuito que chamamos RODANDO CARA A PAZ.

No patio preparáronse dous circuitos, un para infantil e outro para primaria. A actividade consistía en percorrer o circuito en parellas onde un dos membros se montaba nunha plataforma con rodas e o outro tiña que empurralo ou tirar del para ir chegando ás distintas probas do tramo.

Entre os dous tiñan que superar as distintas probas e superar así tamén un atranco para a paz que atopaban nos carteis das distintas probas.  Finalmente chegarían á meta onde se atopaban uns murais con palabras representativas de accións que fomentan a PAZ entre as persoas.

 

Cremos que foi unha actividade moi divertida e sobre todo unha forma de mostrar que para sortear as dificultades que podemos atopar para chegar á paz nada mellor que a axuda dos/as amigos/as!!!!

 

 

VISITA DE PACO NOGUEIRAS POLO DÍA DA PAZ

 

 

Hoxe conmemórase o DÍA MUNDIAL DA PAZ e veunos visitar nin máis nin menos ca PACO NOGUEIRAS.

 

Nas aulas estivemos escoitando dúas das súas cancións para a PAZ: APERTAS QUE VOAN E MÓVETE.

Cancións que puidemos cantar hoxe tamén con el.

 

Un concerto ao aire libre que nos encantou. Movémonos, participamos, bailamos e pasámolo xenial.

 

Moitas grazas PACO por vir a cantar e bailar connosco!!!!

 

  

Iris tivo a sorte de ser a elexida de bailar no escenario con Paco Nogueiras e que ben o fixo. Seguiuno xenial e axudounos a non perdernos no baile!! Fantástico Iris.

O NOSO CARTEL DA PAZ

Este cartel creuse de xeito colaborativo coa participación de nenos e nenas de diferentes aulas.

Queda exposto na entrada do centro.

Powered by Drupal - Design by artinet