A BIBLIOTECA DE LIBRÍN

VISITA DE PACO NOGUEIRAS POLO DÍA DA PAZ

 

 

Hoxe conmemórase o DÍA MUNDIAL DA PAZ e veunos visitar nin máis nin menos ca PACO NOGUEIRAS.

 

Nas aulas estivemos escoitando dúas das súas cancións para a PAZ: APERTAS QUE VOAN E MÓVETE.

Cancións que puidemos cantar hoxe tamén con el.

 

Un concerto ao aire libre que nos encantou. Movémonos, participamos, bailamos e pasámolo xenial.

 

Moitas grazas PACO por vir a cantar e bailar connosco!!!!

 

  

Iris tivo a sorte de ser a elexida de bailar no escenario con Paco Nogueiras e que ben o fixo. Seguiuno xenial e axudounos a non perdernos no baile!! Fantástico Iris.

Voluntariado na biblioteca

 

 

Este curso temos alumnado voluntario de 5º e 6º que nos queren axudar na xestión e organización de tarefas da biblioteca. Anotáronse nin máis nin menos ca 30 alumnos e alumnas con ganas de participar na dinamización da biblioteca.

Entre as súas tarefas destacan:

- Axudar ao alumnado máis pequeno cos xogos na biblioteca.

- Dinamizar o rincón do rato programable.

- Realizar lecturas compartidas tanto na biblioteca coma no bibliopatio.

- Axudar na colocación dos fondos e na súa etiquetaxe unha vez catalogados.

Actividade que ten unha moi boa acollida entre todo o alumnado.

Insignia que se lles deu aos/ás axudantes

 

OS NOVOS CARROS PARA O BIBLIOPATIO

FESTIVAL DE NADAL 2022

 

Chegou o Nadal e este ano puidemos celebralo como a nós nos gusta. Cun festival de cancións e baile.

Deixámosvos aquí o vídeo coas distintas actuacións.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

 

EN NADAL, UN LIBRO PARA AGASALLAR!!

Un ano máis xa temos as nosas recomendacións lectoras para este NADAL, que agardamos esté cheo de maxia, de ilusión e de bos momentos para compartir en familia. E que mellor forma que coa lectura? 

 

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións: libros en galego, en castelán, en inglés, de divulgación, para os máis pequenos, para os "máis" lectores... todos cheos de historias que vos encantarán e coas que gozarades.

 

Non vos esquezades de pedir como agasallo un libro (ou dous!) a Papa Noel, aos Reis Magos e/ou ao Apalpador, seguro que a eles lles encantará vir cargados de libros!! 

 

Tamén os podedes buscar na biblioteca onde haberá un exemplar esperando para visitar os vosos fogares! 

 

DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL A TODOS E TODAS! 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

CELEBRAMOS O MES DA CIENCIA

 

 

 

 

EXPOSITOR DE FONDOS SOBRE CIENCIA

PANEL DE CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS

Durante o mes de novembro realizáronse na biblioteca diversos experimentos científicos. Para iso prepararon os nenos e nenas de 3º a 6º uns experimentos que logo lles amosaron aos máis pequeno. Foi unha actividade na que todos e todas desfrutaron e aprenderon cousas sorprendentes.

ENTREGA PREMIOS AOS GAÑADORES DOS CONCURSOS DE SAMAÍN

 

CHEGOU O DÍA DE COÑECER AOS PREMIADOS DOS CONCURSOS CONVOCADOS POLO SAMAÍN

A decisión foi moi difícil.

Grazas a todos e todas por participar e por poñérnolo tan complicado.

 

Un agradecemento especial a vós, FAMILIAS por acoller esta actividade con tanta creatividade.

GRAZAS!!

 

 

Todos os  nenos e nenas que participaron nos distintos concursos recibiron un diploma de recoñecemento e os premiados recibiron  a maiores do diploma un pequeno detalle.

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DOS NENOS

 

PARA CONMEMORAR O DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA, REALIZÁRONSE VARIAS ACTIVIDADES NAS DISTINTAS AULAS E COMO ACTIVIDADE DE CENTRO  PREPARAMOS CO ALUMNADO DE CADA NIVEL UN CARTEL QUE REPRESENTA UN DOS DEREITOS DO NENO. TODOS OS CARTEIS QUEDAN EXPOSTOS NA ENTRADA DO CENTRO ANTES DE FORMAR PARTE DA DECORACIÓN DAS PAREDES DOS DISTINTOS CORREDORES.

DEIXÁMOLOS TAMÉN AQUÍ PARA QUE POIDADES VELOS E VER O GRAN TRABALLO QUE SE FIXO.

 

Powered by Drupal - Design by artinet