Gallego

Convocatoria de selección de centros educativos no proxecto de formación Combas Galicia para o curso 2013/2014

Gallego

Normativa:

Xúntase a Convocatoria Combas Galicia  para a selección dos centros educativos que soliciten participar no proxecto.

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o día 28 de outubro de 2013.

Obxecto:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria oferta este proxecto de formación de apoio á integración das competencias básicas (CCBB) no currículo para prestar apoio aos centros educativos na busca de solucións para asegurar a presenza das CCBB nas concrecións curriculares e, consecuentemente, nas programacións,incidindo de forma especial na adecuación metodolóxica e na avaliación.

O proxecto estrutúrase en dúas fases: A Fase A1 está dirixida a centros que se incorporan por primeira vez ao Proxecto COMBAS Galicia. A Fase A2 está dirixida aos centros que xa desenvolveron a Fase A1 ou que, sen desenvolvela,  estean en condicións de abordala con éxito. Cada fase ten unha duración dun curso académico.

Destinatarios:

Centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sostidos con fondos públicos que impartan Educación Primaria e/ou Educación Secundaria Obrigatoria.

Documentación necesaria

As solicitudes dirixiranse ao Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) ou ao Centro de Formación e Recursos (CFR) en cuxo ámbito estea integrado o centro educativo,  e constará da seguinte documentación:

- Solicitude segundo modelo do anexo I da convocatoria.

- Relación do profesorado participante consonte ao recollido no anexo II.

-  Certificación da aprobación de participación do Claustro seguindo o anexo III

-  Certificación da aprobación de participación do Consello escolar consorte o anexo IV.

Máis información

CAFI ou CFR a cuxo ámbito pertenza o centro educativo

Servizo de Formación do Profesorado

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

proxecto combas

V1301036: Proxecto Meiga: Informatización da biblioteca escolar

Gallego
Summary: 
O próximo día 21 de outubro comeza o curso "V1301036: Proxecto Meiga: Informatización da biblioteca escolar", no CFR de Vigo.

O próximo día 21 de outubro comeza o curso "V1301036: Proxecto Meiga: Informatización da biblioteca escolar", no CFR de Vigo.

Data: 
21/10/2013 - 07/11/2013

V1301036: Proxecto Meiga: Informatización da biblioteca escolar

Summary: 
O próximo día 21 de outubro comeza o curso "V1301036: Proxecto Meiga: Informatización da biblioteca escolar", no CFR de Vigo.
Gallego

O próximo día 21 de outubro comeza o curso "V1301036: Proxecto Meiga: Informatización da biblioteca escolar", no CFR de Vigo.

Data de comezo: 21 de outubro.

Data de finalización: 7 de novembro.

Lugar de celebración: CFR de Vigo.

Número de horas totais: 10 horas.

fprofe: www.edu.xunta.es/fprofe

Aula virtual:

Meiga

meiga

Videotitorial: como inscribirse e consultar as actividades formativas no FPROFE

Summary: 
Videotitorial onde se recolle como inscribirse nas actividades formativas pola rede de formación do profesorado de Galicia.
Gallego

videotitorial FPROFE

Nova seccion no apartado "formación" da web: Formación aberta

Summary: 
Nova sección na web da rede de formación de Galicia: Formación aberta
Gallego

A nova sección está aloxada no apartado de FORMACIÓN. Para acceder directamente ao apartado de formación aberta, pulsade nesta ligazón: FORMACIÓN ABERTA.

"Formación Aberta" é unha sección da Aula Virtual do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) con acceso aos materiais de Platega dos cursos de formación máis demandados ao longo do ano académico e os mellor valorados nas enquisas finais de actividade.

O fin é dar a coñecer os materiais cun ánimo autoformativo, polo que estes cursos non implican nin titorización nin certificación. De precisalo, deberanse seguir os pasos habituais de inscrición na actividade (en caso de estarse impartindo ao longo do ano) a través da aplicación FPROFE.

FORMACION ABERTA

Presentación das actividades do curso 2013-2014 aos centros do ámbito do CFR

Summary: 
O día 1 de outubro terá lugar ás 11:00 da mañá a presentación no salón de actos do CFR de Ferrol das actividades proxectadas para o curso 2013-2014 dende as estruturas de formación do profesorado
Gallego

O martes, día 1 de outubro, terá lugar no Salón de actos do CFR de Ferrol, a presentación do curso 2013-2014.

Presentaranse as actividades de formación que vanse desenvolver no ámbito do CFR de Ferrol dende as estruturas de formación do profesorado. Tamén exporanse as indicacións oportunas para poder solicitar: Proxectos de formación en centros e Grupos de Traballo ABALAR e os Seminarios e Grupos de Traballo de carácter xeral.

 

Curso 2013-2014
Curso 2013-2014

Reunión PFPPs

Summary: 
O luns 16 ás 16 horas terá lugar unha reunión no CFR da Coruña para informar respecto dos PFPPs. Poderán acudir representantes de tódolos centros preinscritos nos PFPPs.
Gallego
Data: 
16/09/2013
Sección: 

Resumo de normas das actividades de formación

Summary: 
Resumo de normas dos Pfpp, Pfac, Gt e Seminarios do curso 2013/2014.
Gallego

Podes descargar os ficheiros informativos pinchando nos enlaces:

imaxe plan anual

Divulga na escola

Summary: 
A Asociación Galega de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGCCT) presenta o programa "Divulga na Escola", a través do cal achega aos centros unha completo listaxe dos principais divulgadores de ciencia e tecnoloxía de Galicia.
Gallego

Esta listaxe creouse coa finalidade de pór en contacto a divulgadores cos centros de ensino e facilitar así a busca de conferenciantes e actividades á medida de cada centro.

Nesta listaxe pódese atopar:

  • Nome e contacto do divulgador.
  • Unha descrición da actividade.
  • Os materiais necesarios.
  • Se está condicionado ou se ten custos económicos.

 

Acceso á web de "Divulga na escola"

divulga na escola