Gallego

O CERN lanza un concurso para estudantes españois

Summary: 
O CERN e a Fundación Príncipe de Asturias lanzan conxuntamente, coa colaboración do Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas y Nuclear (CPAN), un concurso dirixido a estudantes españois para que conten a súa percepción da ciencia, da tecnoloxía, dos retos futuros e de como ven como a ciencia pode crear un mundo mellor.
Gallego

O CERN, xunto coa Fundación Príncipe de Asturias (FPA), desexan promover a importancia da ciencia e a tecnoloxía nas nosas vidas, así como a importancia do esforzo colectivo para acadar obxectivos tan ambiciosos como o descubrimento do bosón de Higgs. Neste senso, o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica y Técnica de 2013 recoñeceu aos físicos teóricos Peter Higgs e François Englert, que propuxeron a teoría do bosón de Higgs, e aos científicos e enxeñeiros do CERN polo seu descubrimento no LHC, onde hai unha importante participación española.

Por esta razón o CERN e a Fundación Príncipe de Asturias lanzan conxuntamente, coa colaboración do Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas y Nuclear (CPAN), un concurso dirixido a estudantes españois para que conten a súa percepción da ciencia, da tecnoloxía, dos retos futuros e de como ven como a ciencia pode crear un mundo mellor.

O concurso está dirixido a estudantes de centros educativos españois (Primaria, Secundaria e Bacharelato), que poden presentar tanto un Debuxo / Foto / Vídeo como un Artigo / Historia / Nova sobre un ou varios dos temas enumerados nas bases do concurso.

Algúns dos temas propostos son: ¿En que mellorou a Ciencia / Tecnoloxía fundamental a túa vida? ¿Que é a Ciencia / Tecnoloxía para ti? ¿Cambiará o bosón de Higgs un día a miña forma de ver as cousas?

A data límite para presentar o traballo é o 31 de xaneiro ás 23:59.

Todos os traballos seleccionados recibirán un agasallo sorpresa pola organización do concurso (50 por modalidade e categoría de idade).Tamén recibirán un agasallo os centros educativos e profesores que estimulen a participación dos seus alumnos/as.

Os 6 gañadores serán invitados a visitar a sede do CERN en Xenebra (Suíza) durante dous días con un programa adaptado a súa idade.

Os gañadores daranse a coñecer o 7 de marzo, e a visita ao CERN farase do 16 ao 17 de abril de 2014.

Máis información:

Web do concurso en CERNL:    http://www.cernland.net/concurso/

Descarga o póster do concurso para Primaria

Descarga o póster do concurso para Secundaria

Descarga o póster do concurso para Bacharelato

 

Concurso CERNLAND

C1301037: Recursos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística para matemáticas

Summary: 
Do 13 de xaneiro ao 10 de febreiro no CFR da Coruña.
Gallego

O día 13 de xaneiro comenza, no CFR da Coruña o curso: C1301037 Recursos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística para matemáticas, de 20 horas
As datas presenciais son: 

13/01/2014 18:00 - 21:00 
20/01/2014 18:00 - 21:00 
27/01/2014 18:00 - 21:00 
10/02/2014 18:00 - 21:00 


Haberá que desenvolver algunha actividade online.
portal IGE

Resolución definitiva da convocatoria de selección de centros educativos no proxecto de formación Combas Galicia para o curso 2013/2014

Summary: 
Resolución definitiva da convocatoria de selección de centros educativos no proxecto de formación Combas Galicia para o curso 2013/2014
Gallego
Combas
Combas

V1302005: II Xornadas para persoas coordinadoras de actividades de formación en centros

Summary: 
O vindeiro venres, 22 de novembro, terán comezo no CFR de Vigo, as II Xornadas para persoas coordinadoras de actividades de formación en centros.
Gallego

O vindeiro venres, 22 de novembro, terán comezo no CFR de Vigo, as II Xornadas para persoas coordinadoras de actividades de formación en centros.

Data de inicio: 22/11/2013

Data de finalización: 22/01/2014

Horas totais: 15 horas

Lugar de celebración: CFR de Vigo e IES O Castro (Vigo).

fprofe: www.edu.xunta.es/web/fprofe

Aula virtual: http://www.edu.xunta.es/centros/cfrvigo/aulavirtual/course/view.php?id=285

coordinadores

foto
foto

V1302009: Primeiros auxilios en educación

Summary: 
O vindeiro día 13 de novembro, darán comezo as Xornadas de Primeiros auxilios en educación, no CEIP Emilia Pardo Bazán, en Vigo.
Gallego

O vindeiro día 13 de novembro, darán comezo as Xornadas de Primeiros auxilios en educación, no CEIP Emilia Pardo Bazán, en Vigo.

Data: 
13/11/2013 - 15/11/2013
Sección: 

V1302009: Primeiros auxilios en educación

Summary: 
O vindeiro día 13 de novembro, darán comezo as Xornadas de Primeiros auxilios en educación, no CEIP Emilia Pardo Bazán, en Vigo.
Gallego

O vindeiro día 13 de novembro, darán comezo as Xornadas de Primeiros auxilios en educación, no CEIP Emilia Pardo Bazán, en Vigo.

aux

aux
aux

Ampliación do prazo da convocatoria de selección de centros educativos no proxecto Combas Galicia para o curso 2013/2014

Gallego

O prazo de presentación de solicitudes para participar no proxecto  “COMBASGalicia” para o curso 2013-2014 amplíase ata o día 11 de novembro de 2013.

Destinatarios:

Centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sostidos con fondos públicos que impartan Educación Primaria e/ou Educación Secundaria Obrigatoria.

Documentación necesaria

As solicitudes dirixiranse ao Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) ou ao Centro de Formación e Recursos (CFR) en cuxo ámbito estea integrado o centro educativo,  e constará da seguinte documentación:

- Solicitude segundo modelo do anexo I da convocatoria.

- Relación do profesorado participante consonte ao recollido no anexo II.

-  Certificación da aprobación de participación do Claustro seguindo o anexo III

-  Certificación da aprobación de participación do Consello escolar consorte o anexo IV.

proxecto combas

6º Concurso de Relatos: Ciencia que Conta

Summary: 
Concurso de relatos curtos vencellados á ciencia. Na seguinte páxina web hai información actualizada e dos concursos anteriores: www.cienciaqueconta.com.
A quen vai dirixido? A todos e nomeadamente ao alumnado. Hai unha categoría xeral na que pode participar toda a comunidade educativa e tres categorías para o alumnado: Primaria, Secundaria e Bacharelato-Ciclos. O prazo para o envío dos traballos remata o 16 de novembro de 2013.
Gallego

Concurso de relatos curtos vencellados á ciencia.

www.cienciaqueconta.com

A quen vai dirixido? A todos e nomeadamente ao alumnado. Hai unha categoría xeral na que pode participar toda a comunidade educativa e tres categorías para o alumnado: Primaria, Secundaria e Bacharelato-Ciclos.

O prazo para o envío dos traballos remata o 16 de novembro de 2013  (1º premio: unha tablet).

Organiza: Grupo Divulgatia Universidade de Vigo coa colaboración de Educabarrié

Ciencia que conta 2013