Skip to Content

Taboleiro

Mi escuela en Pakistán

Redacción de Sohail Anwar

 

Me gustaba ir a la escuela en Pakistán. El curso empieza en septiembre y acaba en junio. En enero. febrero y marzo, las clases empiezan a la ocho y media y acaban a las dos y media. El resto de los meses, empiezan a las siete y media y acaban a la una y media. En mi clase éramos cincuenta alumnos. Mis asignaturas favoritas eran urdu e inglés. En el recreo jugábamos a cricket. La asignatura más difícil era a árabe. Los exámenes de inglés son más fáciles aquí que en Pakistán.

Cuando vine a España no sabía español. Mi primo me enseñó algunas palabras. Después de varios meses empecé a estudiar en el instituto. Pronto hará un año que llegué a Lugo.

MATEMÁTICAS NA RÚA 2011

O martes día 10 de maio alumnos de 1º e 4º de E.S.O. participan na actividade MATEMÁTICAS NA RÚA, organizada polo Concello de Lugo. As actividades desenvolveránse nas rúas  e prazas do centro da cidade.

Ánimo a todos os participantes!

III English Literary Contest: Entrega de premios

10/05/2011 11:30
10/05/2011 12:00
Etc/GMT+1

entrega de premiosEntrega de premios do III English Literary Contest na biblioteca.

2º ciclo:

1º premio: A Strange Experience by María Losada Burgo (3º B)

2º premio ex aequo:

Bad Luck by Claudia García González (3º B) & My Own Story by Beatriz Álvarez Díaz (4º A)

Bacharelato:

1º premio: I opened my eyes... by José Manuel Núñez Vázquez (1º C)

O xurado agradece o envío do orixinal en formato dixital a aqueles premiados que xa o enviaron e lembra ao resto de participantes a súa obriga de enviar o seu orixinal para a publicación na web antes da entrega de premios.

Congratulations to the winners!!!

congratulationsO xurado do III English Literary Contest quere agradecer a participación do alumnado neste concurso, especialmente nalgunha das categorías, así como a calidade dos traballos presentados. Non obstante, a escasa participación noutras categorías obrigou a declarar desertos algúns premios. Por outra parte, o xurado quere lembrar aos premiados o punto 8 das bases do concurso:

"Os autores premiados facilitarán ao xurado, na semana seguinte ao fallo, unha versión dixital do relato premiado para a súa publicación na web."

Para cumprir con este requisito, poden utilizar o correo electrónico do departamento de inglés: englishpostbox@gmail.com

Os premiados son os seguintes:

2º ciclo:

1º premio: A Strange Experience by María Losada Burgo (3º B)

2º premio ex aequo:

Bad Luck by Claudia García González (3º B) & My Own Story by Beatriz Álvarez Díaz (4º A)

Bacharelato:

1º premio: I opened my eyes... by José Manuel Núñez Vázquez (1º C)

CONGRATULATIONS!!!

Presents for Bearsden Academy

muralEn resposta aos agasallos recibidos recentemente procedentes da Bearsden Academy de Glasgow, os alumnos de terceiro de ESO enviaron o pasado día 14 dous murais nos que presentaban o noso centro, a nosa cidade, os seus países de orixe e as súas actividades favoritas. Tamén enviaban algunha que outra golosina para adozar o evento.

Segundo nos informan por correo electrónico, hoxe mesmo abriron o paquete na clase, esperamos que lles gustase todo o recibido.

English in the antipodes

02/05/2011 12:00
02/05/2011 12:50
Etc/GMT+1

O alumnado de terceiro e cuarto da ESO asistirá á charla impartida por Robin Walker e organizada por Oxford University Press. Ofrecemos a continuación o resume da charla aportado polos organizadores:

English in the antipodes

Why was Cook annoyed when he discovered New Zealand? Why were the Maoris browned off when they saw him arrive? Why were Cook's sailors pissed off when he discovered Australia? Who plays the didgeridoo and who speaks strine?

 

down under 

 

 Come 'down under, mate' and see what life is like living upside down.

Olimpíada Matemática

Como sabedes, o pasado día 8 participamos na fase de zona da XIII Olimpíada Matemática e foinos moi ben. Dous dos tres clasificados son compañeiros nosos: David e Juan.

Felicitémonos todos por participar e poñerlle moitas gañas e desexemos que os nosos representantes acaden o mellor resultado posible.

Olimpíadas de economía

18/06/2011 11:00
18/06/2011 13:30
Etc/GMT+1

CELEBRACIÓN DAS PROBAS

As probas da IIIª Olimpíada galega de economía realizaranse na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, o 18 de xuño ás 11 horas.

Presents from Bearsden Academy (Glasgow)

thank you for the presentsComo moitos de vós saberedes, hai varios meses que un grupo de alumnos de 3º de ESO ven carteándose con outro grupo de alumnos de Bearsden Academy. A iniciativa partiu do profesor Gareth Kearney, docente no mencionado centro escolar escocés e antigo lector de inglés no IES Xoán Montes. O alumnado dos dous centros realiza esta actividade coa intención de mellorar a súa expresión escrita (en inglés os galegos e en castelán os escoceses).

O motivo da publicación desta nova non é outro que o de agradecer aos nosos amigos escoceses a recepción dun paquete de regalos: caramelos, galletas, folletos informativos, fotografías, debuxos e un mural onte se nos presentan. Expuxemos o mural na aula de 3º B, mentres os folletos e debuxos están na aula de 3º A. O que non expuxemos foron os caramelos e as galletas, que estaban tan deliciosos que non duraron moito.

WE WERE DELIGHTED TO RECEIVE ALL THE LITTLE PRESENTS! (specially the sweets Guiño) THANK YOU VERY VERY MUCH!!

Olimpíada Matemática

MatemáticasUnha vez máis participamos na Olimpíada Matemática. Este ano Yésica, David, Daniel e Juan de 2º ESO concorren á XIII edición cuxa fase local se celebra o Venres 8 no instituto da Piringalla.

 Ánimo rapaces!

Distribuir contido


by Dr. Radut