Skip to Content

Presents from Bearsden Academy (Glasgow)

thank you for the presentsComo moitos de vós saberedes, hai varios meses que un grupo de alumnos de 3º de ESO ven carteándose con outro grupo de alumnos de Bearsden Academy. A iniciativa partiu do profesor Gareth Kearney, docente no mencionado centro escolar escocés e antigo lector de inglés no IES Xoán Montes. O alumnado dos dous centros realiza esta actividade coa intención de mellorar a súa expresión escrita (en inglés os galegos e en castelán os escoceses).

O motivo da publicación desta nova non é outro que o de agradecer aos nosos amigos escoceses a recepción dun paquete de regalos: caramelos, galletas, folletos informativos, fotografías, debuxos e un mural onte se nos presentan. Expuxemos o mural na aula de 3º B, mentres os folletos e debuxos están na aula de 3º A. O que non expuxemos foron os caramelos e as galletas, que estaban tan deliciosos que non duraron moito.

WE WERE DELIGHTED TO RECEIVE ALL THE LITTLE PRESENTS! (specially the sweets Guiño) THANK YOU VERY VERY MUCH!!



blog | by Dr. Radut