Skip to Content

Taboleiro

ENTREGA DE PREMIOS

O venres 15 de maio, durante os actos de celebración do día das letras galegas, a partir das 12 da mañá, o Departamento de Inglés entregará os premios correspondentes ao I English Literary Contest. Contamos coa túa participación no evento!

Concurso fotográfico: Saudade B



Relaciono esta imaxe coa saudade pola mirada perdida do home, na que se percibe nostalxia, melancolía… En definitiva, o que ou definiría como saudade.

Concurso fotográfico: Saudade B

Día de Europa

celebración día de Europa

O 9 de maio celebramos o Día de Europa para conmemorar o día no que Robert Schuman presentou, hai 59 anos, a súa proposta para a creación dunha Europa organizada e pacificada.

 

concurso fotográfico

O departamento de Lingua Galega e Literatura convoca este ano por vez primeira o concurso fotográfico máis orixinal do noso IES. Le as bases, pensa, pon a proba a túa creatividade, cámara en ristre e.... Envia a túa fotografía co texto alusivo á SAUDADE a linguagalegaxm@gmail.com. Anímate!!

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE FOTOGRAFÍAS REMATA O DÍA 12 DE MAIO

O PRAZO DE VOTACIÓN REMATA O DÍA 14 DE MAIO ÁS 14:30

 

VISITA A BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL

 

Certame literario das Letras Galegas

O departamento de Lingua Galega e Literatura convoca un ano mais co gallo da conmemoración das Letras Galegas, o concurso de narrativa e poesía dirixido a todo o alumnado do Ies Xoán Montes. Anímate e participa.

Día do libro e día das letras galegas

exposición de citas
Para a conmemoración destes dous eventos, a biblioteca organiza un concurso de frases relativas á lectura, aos libros ou ás bibliotecas. O concurso tén dúas modalidades. As alumnas e alumnos do centro poden elixir a cita que máis lles gusta das expostas no panel de citas situado na planta baixa do centro ou ben crear eles mesmos unha frase relativa a un dos temas propostos: o libro, a lectura, a biblioteca. As bases son as seguintes.

AMPLÍASE O PRAZO DE INSCRICIÓN EN EducaRed A Navegar

 

Distribuir contido


by Dr. Radut