Skip to Content

Taboleiro

Entrega de premios do II Concurso literario en inglés

Lembramos que o próximo luns, día 24 de maio, terá lugar a entrega de premios do segundo Concurso Literario en inglés. 

O acto terá lugar na biblioteca do centro ás doce menos cuarto da mañá.

Parabéns a todos os premiados e grazas a todos os participantes. 

II English Literary Contest: and the winners are...

literary contest

The jury have at last made a decision and the winners are:

1st cycle:

1st prize: Belén Mª Encabo González (A Sweet Childhood Memory)

2nd prize: María Losada Burgo (A Travel in Time)

2nd cycle:

1st prize: Beatriz Álvarez Díaz (A Virtual Reality)

2nd prize: Noemí García Rodríguez (The Weather is Bad)

 

Moreover, due to the great quantity and quality of the 2nd cycle stories, the jury have decided to give three consolation prizes, in alphabetical order:

Marta Salgado Castelo (Light is Lit)

Omar Díaz Rodríguez (The Goddess of Night and Rain)

Rubén Babío Barreiro (It Was a New Day)

The presentation of awards will be held at 11:45 on 24th May, at the Library.

The jury thanks all the participants and encourages them to continue writing and reading. Please send the winner stories to englishpostbox@gmail.com so that they can be published as soon as possible. 

II English Literary Contest. Awaiting a decision

  Como sabedes, foi preciso ampliar o prazo de presentación de traballos. O departamento de inglés quere agradecer ao alumnado a alta participación e o traballo realizado, que tén como resultado obras de grande calidade. Por outra parte quere pedir disculpas polo retraso na publicación do fallo do xurado. Debido a causas de forza maior, a publicación do fallo non se emitirá ata a semana que vén.

The Big Challenge is here again!

06/05/2010 00:00
06/05/2010 00:50
Etc/GMT+1
the big challengeO próximo 6 de maio terá lugar unha nova proba de The Big Challenge. O centro participa neste concurso por segunda vez. Corenta alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria enfrentaranse ás cuestións propostas co ánimo de conseguir os mellores resultados. Ánimo!
A proba terá lugar na aula 19 ás 9 da mañá. 

Número extra do boletín da biblioteca con motivo do Día do libro

Con motivo do día do libro, a biblioteca publica un número extra do seu boletín, con unha interesante entrevista a Johannes Gutenberg e algunhas curiosidades sobre o libro. A entrevista que publicamos está traducida e adaptada da páxina Artes del libro.

II English Literary Contest: EXTRA TIME!

writing fiction

Ante a gran cantidade de alumnas e alumnos que están a punto de concluir os seus traballos para mellorar a calidade do concurso, o Departamento de Inglés decide dar un prazo extra dunha semana para a presentación das vosas obras. As bases seguen a ser as mesmas, mais o prazo de presentación rematará o próximo venres 23 de abril, Día do libro.

Finalistas no concurso do manifesto do correlingua

correlingua

Este ano participaron do noso instituto varios grupos de alumn@s no concurso. Os de 2º de Bacharelato A conseguiron quedar de finalistas: o premio consiste nunha excursión didáctica de dous días dentro do Proxecto Terra organizado polo Colexio de Arquitectos de Galiza, onde colaboran entre outras entidades a Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
Parabéns aos nosos alumn@s, que disfrutedes do viaxe!

O Manifesto premiado é "Manifesto máis aquí!", que reproducimos:

Nós os galegos nun momento da nosa historia deixamos de ser nós; dende que lle arrebataron o trono a Xoana a Beltranexa, dun día para outro vímonos avasalados por Castela, impuxéronos un idioma que non era o noso, roubándonos a nosa cultura. Estivemos silenciados ata que nos socorreron uns heroes encabezados pola nosa querida Rosalía de Castro baixo o lema "denantes mortos que escravos", entón puxémonos en pé e comezamos coa nosa loita para recuperar a nosa propia identidade e a día de hoxe nós, coma galegofalantes e ferventes defensores do noso idioma manifestámonos para evitar unha nova etapa de silencio. Dános mágoa a xente que non é capaz de entender o que é sentir morriña pola nosa propia terra.

Visita didáctica a Inditex

10/02/2010 00:00
10/02/2010 14:30
Etc/GMT+1

Viaxe organizada polo Departamento de Economía para os alumnos de Economía da empresa de 2º de bacharelato e Obradoiro de iniciativas emprendedoras de 4º de ESO

 

Concurso "Matemáticas na música"

30/01/2010 09:00
30/01/2010 14:30
Etc/GMT+1
O día 30 de xaneiro remata o prazo para a presentación de traballos do concurso "Matemáticas na música". Consulta as súas bases. Anímate e participa!

II English Literary Contest

23/04/2010 00:00
23/04/2010 14:30
Etc/GMT+1
 
O 23 de abril de 2010 remata o prazo de presentación de traballos para o concurso literario que organiza o Departamento de inglés.
Distribuir contido


by Dr. Radut