Skip to Content

Taboleiro

Gañadores da 2ª edición de "Matemáticas na música"


 


Aquí temos aos gañadores deste ano. Os premios foron entregados o pasado 9 de febreiro. O xurado felicita a todos os participantes polo seu esforzo na pescuda das cancións, cada vez máis inxeniosas e divertidas sen perder por eso o seu contido matemático Un ano máis o gañador resultou ser Christian Toimil de 1º de BAC que presentou a canción "La cumbia matemática" interpretada por Sin Codificar-Los Wikipedia. Quedaron finalistas Silvia Blanco de 2º de E.S.O., Marta Salgado de 1º de BAC e Sara Veiga de 2º de E.S.O. Parabéns para todos.


 


3º Concurso literario en inglés

literary contestO departamento de inglés convoca de novo este curso un concurso literario no que poden participar todas as alumnas e alumnos do centro. O concurso ten tres categorías: 1º ciclo de ESO, 2º ciclo de ESO e bacharelato. O prazo de entrega de orixinais remata o 15 de abril, así que tedes moito tempo para escribir entre 300 e 500 palabras e contarnos calquer historia que xurda da vosa imaxinación. Consulta as bases. Non esquezades que vos agardan estupendos premios!!

Publicamos o número 5 do boletín

Neste número que precede ás vacacións, a biblioteca recomenda a lectura de cinco libros dos últimos recibidos. Tanto a temática como o xénero dos libros son variados: textos de ficción, de ensaio ou divulgación que abranguen desde o deporte ás lendas do mundo clásico pasando pola química, a creatividade emprendedora ou as matemáticas. Agardamos que disfrutedes da súa lectura.

 

 

As autoras e os autores do cartel do Instituto para o Día da Ciencia en Galego, que foron premiados no concurso

As autoras e os autores do cartel do Instituto para o Día da Ciencia en Galego, que foron premiados no concurso son:

 4ºA

Beatriz Álvarez Díaz

Inés Castro Veiga

Ana Fernández Santos

Elisa Riesco Ramos

Laura Román Reigosa

4ºB 

Mª Victoria Burgo Quijada

Antonino Gugliandolo López

Cristóbal Pérez del Barco

Parabéns a todos e todas, sen esquecer a

Afonso X o Sabio

Afonso X o Sabio visto por Sheila Pinilla Fernández de 1 de Bach  A

Cartel que aporta o Instituto ao Día da Ciencia en Galego

Entre outras celebracións, o IES Xoán Montes celebra con este cartel a Afonso X o Sabio, un dos homenaxeados no Día da Ciencia en Galego

Cartel que aporta o Instituto ao Día da Ciencia en Galego

BASES DO CONCURSO DO INSTITUTO RELACIONADO CO DÍA DA CIENCIA

Co gallo da celebración da Semana e o Día da Ciencia en Galego e co obxectivo de fomentar o interese do alumnado por aquelas figuras históricas relacionadas con Galicia e a Ciencia, o IES Xoán Montes convoca o 

Christian e Yolanda seleccionados para un campus científico

christian e yolanda

Chistian Toimil Arango e Yolanda Vales Gómez foron seleccionados para participar no programa "Campus de profundización científica para estudiantes de cuarto curso de Educación Secundaria" do Ministerio de Educación, en virtude do seu excelente expediente académico.

Entrega de premios do II Concurso literario en inglés

Lembramos que o próximo luns, día 24 de maio, terá lugar a entrega de premios do segundo Concurso Literario en inglés. 

O acto terá lugar na biblioteca do centro ás doce menos cuarto da mañá.

Parabéns a todos os premiados e grazas a todos os participantes. 

Distribuir contido


by Dr. Radut