Skip to Content

Presents for Bearsden Academy

muralEn resposta aos agasallos recibidos recentemente procedentes da Bearsden Academy de Glasgow, os alumnos de terceiro de ESO enviaron o pasado día 14 dous murais nos que presentaban o noso centro, a nosa cidade, os seus países de orixe e as súas actividades favoritas. Tamén enviaban algunha que outra golosina para adozar o evento.

Segundo nos informan por correo electrónico, hoxe mesmo abriron o paquete na clase, esperamos que lles gustase todo o recibido.



story | by Dr. Radut