Erasmus+ 2017/2018

PRÁCTICAS ERASMUS + 2017/2018

Rocío, Dervan e Carlos en Cracovia, Polonia. Daniel e Brais en Malow, Irlanda. Parece que xa superaron o período de adaptación e que están a aprender moitas cousas, tanto relacionadas co ciclo que estudaron coma da cultura do país no que están a facer a súa mobilidade. Aínda quedan prazas para o verán ou para setembro. Consultade co voso titor de 2º de Ciclos Superiores.

“Poder facer prácticas nunha empresa internacional amplía as perspectivas do estudantado. Nesta empresa son especialistas no deseño e a montaxe de instalación de caldeiras de biomasa.” “Estamos a traballar nesta casa. É unha instalación fotovoltaica conectada a rede. Polo que entendín un ano despois de inxectala enerxía a rede recupérase o 80%.”
Carlos participa na formación de grupos xuvenís e do primeiro equipo e xa tivo a primeira reunión de adestradores da Academia Hutnik como adestrador.
Daniel atópase, entre outras cousas, modelando edificios en Revit para posteriormente deseñar as súas instalacións térmicas.
Brais, con Irish Style, “Deseñando un esquema para unha bomba de calor xeotérmica cun depósito de inercia acompañado de boa música irlandesa.”

 

 

 

Distribuir contido