Grúa Hidráulica
Grúa Hidráulica
Curso de Prevención de riscos e manexo seguro de Grúa Hidráulica Articulada
Curso escolar 2018/19
Para inscribirse no curso hai que facer o seguinte:
1. Introducir os teus datos e envialos a través do formulario de inscrición que se atopa ao final desta páxina. Premer en "Enviar" ao final do formulario. Ao enviar o formulario debe aparecer unha imaxe similar a esta:
O prezo de curso enviouse ao alumnado por correo electrónico, e varía en función do número de matrículas. Na primeira sesión do curso, o profesor comunicará o prezo e o procedemento de pago.
O curso se desenvolverá no noso centro, o IES Universidade Laboral. Cada alumno asistirá a unha única sesión práctica, segundo estableza o profesor o día da primeira sesión. Na primeira sesión se xuntarán aos alumnos no hall de entrada. Será os días:
- Teoría: venres 5 de abril (16:00 a 20:00).
- Práctica: xoves 11 de abril (16:00 a 20:00) e se fora necesario, venres 12 de abril (16:00 a 20:00).
Para considerar efectiva a matrícula débese facer a inscrición con data límite o xoves 4 de abril.
A asistencia a este curso non xustificará a ausencia ás clases.
O curso se oferta exclusivamente ao alumnado do noso centro.
Unha vez feito o ingreso non se admitirán devolucións, aínda que non se asista ao curso.
- APIs de Blogue
