Traballos en altura
Traballos en altura
Curso escolar 2022/23
Contido do curso
Xa está aberto o prazo de inscrición para o curso de Traballos en altura.
Este curso só está dispoñible para alumnado dos 2º cursos matriculados actualmente no CIFP Universidade Laboral.
En ningún caso a asistencia a este curso valerá como xustificación para non asistir á clase.
Para inscribirse no curso hai que anotarse no seguinte formulario como data límite o 30 de novembro:
O precio do curso son 25€. Farase un ingreso na conta ES91 2080 0065 3231 1000 0146 e entregarase o resgardo impreso ao profesor do curso o día da parte práctica.
O curso desenvolverase en dúas partes:
- Unha parte teórica que se fará online e onde haberá que superar un test.
- Unha sesión práctica de 2 horas en grupos máximos de 6 persoas.
Tras superar o curso emitirase un diploma.
IMPORTANTE: este curso non habilita para traballos en suspensión ou verticales.
Unha vez coñecidos o número de asistentes estableceranse quendas de mañá e tarde para realizar a parte práctica que dará comezo o xoves dia 1 de decembro.
