Curso 2016-17

Premio ao noso proxecto: ASUMES O RISCO?

O proxecto foi presentado nunhas xornadas levadas a cabo en Toledo "Aprender a emprender", nas que resultou seleccionado, o que supuxo un gran recoñecemento ao noso esforzo.

Con iso gañámonos a partcipación, representando ao noso centro, entre outros moitos, a nivel nacional, nas xornadas: “Como educar o talento emprendedor” que se desenvolveron en Xirona a fnais de xuño e onde tivemos a oportunidade de dar a coñecer a outros centros interesados a mensaxe, obxectvos e contido do noso proxecto , participando nun “Discovery meeting”.

 

 

Premio de Innovación en Formación Profesional.

O Departamento de Enerxía e Auga do noso centro acadou o premio de innovación en FP ao proxecto Equipos de Medición para a Efciencia Enerxétca en Hardware Libre (EMEEHL).

Co proxecto EMEEHL deseñaranse e construiranse equipos de transmitancia e rexistradores de variables ambientais baseados en hardware e sofware libre, como son Arduino e RaspberryPi. Con isto reduciranse os custos dende varios miles de euros a menos de cen euros. Ademais permitrá compartr o deseño co resto de centros educatvos que precisen deste tipo de equipamento.

O proxecto lévase a cabo co IES San Clemente de Santago de Compostela, coordinado dende o noso Centro.

Distribuir contido