Emprende. Rede de viveiros de empresa
Que é?
Emprende ten como obxectivo facilitar ao alumnado galego espazos e asesoramento axeitados para a posta en marcha dun negocio ou de proxectos empresariais viables, en centros educativos que conforman a Rede galega de viveiros de empresa en centros educativos.
Que son os viveiros de empresas?
Un viveiro de empresas é un espazo onde desenvolver e poñer en marcha o teu proxecto empresarial. É a referencia para o emprendemento na súa área de influencia. Nel coordínanse as accións formativas, tanto aquelas para realizar nos centros próximos como as de carácter xeral, que se leven a cabo no centro de referencia.
Que ofrece un viveiro de empresas?
Asesoramento:
- Formación e apoio do profesorado que imparte formación relacionada co sector no que se desenvolverá o teu proxecto.
- Titoría pola coordinadora ou coordinador de emprendemento, responsable do seguimento e da orientación no teu proxecto.
- Asesoría de persoal técnico especialista do IGAPE.
Instalacións:
- Locais axeitados para o desenvolvemento de actividades das persoas emprendedoras.
- Moblaxe básica propia dunha oficina, cos equipamentos informáticos e de telecomunicacións axeitados.
Servizos:
- Servizos asociados ás infraestruturas (seguridade, limpeza, luz, etc.).
- Servizos auxiliares da actividade empresarial como conexión a internet.
- Difusión da túa empresa a través da páxina web www.edu.xunta.es/fp.
Requisitos de acceso
- Alumnado matriculado (ou que rematara os seus estudos nos últimos catro anos) nalgunha ensinanza sostida con fondos públicos de Galicia de: formación profesional, artes plásticas e deseño; superiores de deseño, de conservación e restauración de bens culturais, de arte dramática, de música, de danza; deportivas, bacharelato e educación secundaria para persoas adultas (ESA).
- Ter un proxecto empresarial a desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Presentar un Plan de Empresa que garanta a viabilidade do proxecto.
Onde se atopan os viveiros de empresas
Nos seguintes centros educativos existen viveiros de empresas.
Centro | Localidade | Teléfono | Titor/a | |
---|---|---|---|---|
CIFP As Mercedes | Lugo | 982828001 | Mª Ángeles Fernández Castro | Máis información sobre o viveiro |
CIFP Politécnico de Lugo | Lugo | 982220328 | Isabel García Díaz | Máis información sobre o viveiro |
CIFP Porta da Auga | Ribadeo | 982128894 | Marisol Folgueira Chao | Máis información sobre o viveiro |
Centro | Localidade | Teléfono | Titor/a | |
---|---|---|---|---|
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel | Ourense | 988788470 | Mª Teresa Sáenz Rodríguez | Máis información sobre o viveiro |
CIFP A Farixa | Ourense | 988783012 | Diego Bustillo de la Fuente | Máis información sobre o viveiro |
CIFP Portovello | Ourense | 988788901 | Alberto Redondo Lorenzo | Máis información sobre o viveiro |
IES García-Barbón | Verín | 988685085 | María Teresa González Requejo | Máis información sobre o viveiro |
Centro | Localidade | Teléfono | Titor/a | |
---|---|---|---|---|
IES Laxeiro | Lalín | 886151940 | José Antonio Rodríguez Fernández | Máis información sobre o viveiro |
CIFP A Granxa | Ponteareas | 886120880 | Lucía Castellanos Ombuena | Máis información sobre o viveiro |
CIFP A Xunqueira | Pontevedra | 886159860 | María Jesús Fernández González | Máis información sobre o viveiro |
IES Luís Seoane | Pontevedra | 986857700 | Elena María Iravedra Díaz | Máis información sobre o viveiro |
IES Montecelo | Pontevedra | 986850261 | Mónica Cochón García | Máis información sobre o viveiro |
CIFP Manuel Antonio | Vigo | 886120750 | Elena Otero Eimil | Máis información sobre o viveiro |
CIFP Valentín Paz Andrade | Vigo | 886110857 | Isabel Castro Rodríguez | Máis información sobre o viveiro |
IES Ricardo Mella | Vigo | 886121001 | Raquel Martínez Rivas | Máis información sobre o viveiro |
IES Armando Cotarelo Valledor | Vilagarcía de Arousa | 986512311 | Alicia Rodríguez Díaz | Máis información sobre o viveiro |