Convocatoria do concurso Eduemprende Idea 2024

Publicada a Orde pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2024, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (código de procedemento TR880C).

Este concurso, que se organiza en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, comprende dúas modalidades:

  • Modalidade A: ciclos de grao superior.
  • Modalidade B: ciclos de grao medio.

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dúas persoas e un máximo de catro.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 31 de maio de 2024.

Etiquetas: