Curso 2019-20

Concurso miniempresas

Centro seleccionado para participar no Programa de Lanzadeiras Coruña para o desenvolvemento de proxectos de miniempresas educativas en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na comarca da Coruña durante o curso escolar 2019/2020.
Esta acción establécese dentro do ámbito de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Fundación Alcoa.

Os proxectos premiados foron:
Mobitotal
Zampaplastic

Selo “Biblioteca Escolar Solidaria”

Este selo recoñece as iniciativas destinadas a promover o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado dos niveis non universitarios e as súas familias, nos centros de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e a recoñecer, así mesmo, os esforzos das comunidades educativas porconformar “bibliotecas escolares inclusivas”, que axuden a paliar as desigualdades no acceso ao coñecemento.

Proxectos premiados

Proxecto SMARTspringwater Fonte de auga intelixente.

Proxecto CE2RAP (Climatiación eficiente con enerxías renovábeis de axuda persoal).

Emprendemento Miniempresas

ZAMPAPLASTIC (de 2º FP Básica de Fabricación e Montaxe), miniempresa adicada á fabricación dun sistema de limpeza acuático para recoller plásticos dos ecosistemas mariños.

MOBITOTAL (de 1º de Ciclo Superior de Mecatrónica), miniempresa que fabricará un sistema de transporte eléctrico destinado a mellorar a nosa mobilidade

Premio Concepción Arenal da Deputación da Coruña

A Laboral gaña o concurso Concepción Arenal da Deputación da Coruña que este ano tivo como temática a Igualdade de xénero. O proxecto presentado recollía numerosas actividades desenvolvidas a nivel de aula como o obradoiro de rap, e a nivel de centro como a celebración do 25N, a mesa redonda sobre o sexismo no deporte, a exposición "Mulleres a contracorrente" e charlas con autoras como Antía Yáñez no club de lectura, entre outras. Todas tiñan como finalidade traballar a igualdade de xénero como elemento transversal. Outro recoñecemento máis ao labor de alumnado e profesorado da Laboral. Parabéns!!!

Premio estatal á Innovación na Formación Profesional

Na resolución da convocatoria de Premios a Proxectos de Innovación e transferencia de coñecemento na Formación Profesional para o curso 2019/2020, convocada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, o proxecto 53RV1C10 5.0 - da Industria 4.0 ao Servizo 5.0, coordinado polo IES Universidade Laboral e que conta coa participación do IES Monte Neme (Carballo), o CIFP Don Bosco (Guipuzkoa) e a empresa TECDESOFT, S.A., foi seleccionado polo Ministerio e premiado cunha cantidade de 155.900 € (49.450 € para a Laboral), sendo ademais o proxecto que obtivo maior puntuación no baremo da resolución.

O obxectivo primario do proxecto 53RV1C10 5.0 é a incorporación de Cobots (collaborative robots) ao sector servizos para que axude aos traballadores e traballadoras da hostalería na realización das operacións monótonas, mecánicas e impersoais que se realizan no seu traballo. Preténdese ofrecer un novo e mellor servizo ás persoas coa creación dun novo concepto. O Servizo 5.0.

Os cobots, a diferencia dos robots tradicionais, caracterízanse por ser lixeiros e de pequeno tamaño. E o que é máis importante, preparados para traballar "man a man" coas persoas. Estímase que a venta de cobots multiplicarase por vinte no ano 2025.

A obtención do premio vai permitir ao alumnado do IES Universidade Laboral formarse na tecnoloxía emerxente dos robots colaborativos e realizar un proxecto real usando os mesmos nun novo ámbito, o do sector servizos, e con novas aplicacións como o enchido de envases con bebidas a granel personalizadas, entre outras.

Premio Nacional de Buenas Prácticas

Premio Nacional de Buenas Prácticas, do Ministerio de Educación e Formación Profesional

O centro recibe neste curso o Premio Nacional de Buenas Prácticas, outorgado polo Ministerio de Educación e FP, na súa convocatoria do ano 2019, na categoría "Saúde integral".

Este premio recoñece o traballo feito no centro durante o curso 2018/19 e anteriores respecto da promoción de boas prácticas saudables, especialmente na Semana da Saúde.

Distribuir contido