Formación sanitaria

Curso Formacion sanitaria específica avanzada

 

 

Contido do curso

 

Está aberto o prazo de inscrición para o curso de Formación sanitaria específica avanzada.

 

Este curso só está dispoñible para alumnado matriculado actualmente no IES Universidade Laboral, e se impartirá no noso centro. O primeiro día o profesor esperará ao alumnado no hall de entrada.

 

En ningún caso a asistencia a este curso valerá como xustificación para non asistir ás clases dos correspondentes ciclos formativos.

 

Neste curso impartiranse as sesións prácticas do curso de formación sanitaria específica avanzada, segundo a Orde PRE/646/2004 de 5 de marzo.

 

O curso impartirase no noso centro durante o mes de febreiro de 2019 nas seguintes datas e horarios:

  • 7 de febreiro, de 15:00 a 20:30 h.
  • 14 de febreiro, de 15:00 a 20:30 h.
  • 21 de febreiro, de 15:00 a 20:30 h.
  • 28 de febreiro,  de 15:00 a 20:00 h.

 

Data límite para facer a inscrición online: 5 de febreiro.

 

O alumnado inscrito recibirán un correo do profesor coas instrucións para facer o ingreso do importe acordado.

 

Para inscribirse cubreo formulario online que se atopa ao final desta páxina. Ao enviar o formulario debe aparecer unha mensaxe de confirmación de envío.

 

Formulario de inscrción: Formulario

 

 

Distribuir contido