Erasmus+ 2015/2016

Mobilidade estudantes

Durante este curso realizáronse dúas accións Erasmus +, unha de estudantes e outra de profesores.

Os estudantes foron 3 de CS en Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica e outro do Ciclo Superior Enerxías Renovables.

Todos eles pasaron dous meses e medio no estranxeiro facendo prácticas en empresas do sectores da Arquitetura a Eficiéncia Enerxética e as Enerxías renovables.

Anxo e Fran estiveron nunha empresa de Arquitectura en Randers, en Dinamarca e Santiago e máis Cristian estiveron en Cork, Irlanda en empresas de Enerxías renovables e Eficiencia Enerxética.

Os estudantes que realizon a FCT por esta vía, obtiveron 22 créditos ECTS polo desenvolvemento destas prácticas.

Anxo e Fran na empresa de Arquitectura e coa súa titora de prácticas en Dinamarca.

Cristian con outros estudantes en Irlanda e Santiago na empresa na que realizou as prácticas, onde atopou a Xavi, un exalumno do IES Universidade laboral que foi de Erasmus fai dous anos e quedou a vivir en Irlanda.

No seguinte enlace ao Boletín 3 do IES Universidade Laboral, atoparás unha entrevista a Fran, na que conta a súa experiencia Erasmus+.

Mobilidade Profesores

Dous profesores do departamento de ENA fixeron unha visita á Gran Bretaña onde fixeron “Job Shadowing” e visitaron o centro de formación en Enerxía Eólica da multinacional Siemens.

O persoal de Belfastmet estivo con profesores do departamento de Enerxía e Auga do IES Universidade Laboral, compartindo experiencias e boas prácticas, ademais de organizar a visita ás instalacións ao Centro de Formación en Enerxía Eólica de Siemens.

Distribuir contido