Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

Formación e orientación laboral

Presentación das XIX Xornadas de Orientación ao Emprego

Cartel das xornadas XVIII de orientación ao emprego

Xa sabes que vas facer despois do teu ciclo ou da túa FP Básica? Poderás encontrar ideas para o teu futuro laboral nas Xornadas de orientación ao emprego do IES de Teis, que todos os anos se organizan co esforzo de profesores e alumnos.

Nesta edición poderás coñecer a emprendedores que, coma ti, formáronse no instituto; tamén recibirás información útil sobre como enfrentarte con éxito a unha entrevista de traballo ou sobre os recursos de que dispós para montar a túa propia empresa, o xeito de desenvolver as túas ideas, de publicitalas… mesmo podes coñecer formas de traballo ou profesións vencelladas ao teu campo nas que aínda nos pensaras, e todo desenvolvido en obradoiros prácticos e amenas charlas. Aproveita esta oportunidade de completar a túa formación, anímate a participar.

Consulta o programa pinchando neste enlace.

 

Concurso de carteis das XIX Xornadas de orientación ao emprego

 

Díptico das XVIII Xornadas de Orientación ao Emprego

Aquí tedes o díptico das XVIII Xornadas de Orientación ao Emprego no IES de Teis

Presentación das XVIII Xornadas de Orientación ao Emprego no IES de Teis

Cartel das xornadas XVIII de orientación ao emprego

Chegan as Xornadas de Orientación ao Emprego!! Este ano as XVIII, cumpren a maioría de idade!!! Son froito das vosas suxerencias, son de todos e todas, para participar, aprender e disfrutar. Vémonos os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro, contamos con vós!

Estarán con nós no IES de TEIS: Cointega, Suma Importancia, Dieta Coherente, Universidade de Vigo, Orballo Printing, Mallando no Android, Kissafterrunning, Jorge Rubín, Lilium Nature, Aula Medioambiental, Optare Solutions, Imatia, Carlos Conde peluquería masculina, art & Care Beauty Lab, Pumpún Dixital, Balidea, Rosland Personal Shopper, Asime, Ledisson; e o que máis vós gusta, antigos alumnos e alumnas contaránnos as súas experiencias laborais.

Agradecervos a vosa participación nestas xornadas, que as disfrutedes, porque son para vós.

PARTICIPA E CAPACÍTATE PARA O EMPREGO!

Cartel das Xornadas das XVIII de Orientación ao Emprego

 
Distribuir contido