Skip to main content

Ciclo Formativo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma

NextGenerationEU Ministerio de Educación e Formación Profesional

Título que se obtén

Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario:
    • Luns: 08:10 - 15:20; Martes a Venres: 08:10 - 14:30.
  • Persoas adultas (presencial): Neste réxime a matrícula é modular (por materias). A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida. O horario xeral é:
    • Luns, Martes, Mércores e Venres: 16:00 - 22:05; Xoves: 17:40 - 22:05
  • Persoas adultas (distancia): Neste réxime o alumnado sigue as clases a través dunha plataforma de ensino a distancia con titorías presenciais unha vez á semana.

Saídas profesionais

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en entidades públicas ou privadas de calquera tamaño, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicación informáticas multiplataforma en diversos ámbitos: xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lece

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:r, dispositivos móbiles e entretemento; aplicación desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet; e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.

  • Desenvolvedor de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio.
  • Desenvolvedor de aplicacións de propósito xeral.
  • Desenvolvedor de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil

Duración

Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.

Idiomas

  • O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass

En que réxime queres facer este ciclo?

Ordinario

Estes estudios teñen unha duración de 2 anos académicos, realizando no último trimestre do 2º ano prácticas en empresas por un total de 384 horas. Ademais neste trimestre tamén se cursa o módulo de Proxecto (26 horas)

A lista de módulos (materias) é a seguinte:

Módulos do primeiro ano Horas
Bases de datos 187
Contornos de desenvolvemento 107
Programación 240
Sistemas informáticos 186
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 133
Formación e orientación laboral 107

 

Módulos do segundo ano Horas
Acceso a Datos 107
Desenvolvemento de interfaces 140
Programación multimedia e dispositivos móbiles 123
Programación de servizos e procesos 70
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Sistemas de xestión empresarial 87
Proxecto de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma 26
Formación en centros de traballo 384

Persoas adultas

Estes estudos son modulares, polo que alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. A duración para acabar estes estudios é de dous curso académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo e do módulo de proxecto.

Como o alumnado pode matricularse de calquera módulos en calquera orde, o profesorado do departamento de Informática recomenda o seguinte itinerario:

MÓDULOS DO PRIMEIRO CURSO HORAS
Bases de datos 187
Contornos de desenvolvemento 107
Programación 240
Sistemas informáticos 186
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 133

 

MÓDULOS DO SEGUNDO CURSO HORAS
Acceso a Datos 107
Desenvolvemento de interfaces 140
Programación multimedia e dispositivos móbiles 123
Programación de servizos e procesos 70
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación e orientación laboral 107
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Sistemas de xestión empresarial 87

 

MÓDULOS DO TERCEIRO CURSO HORAS
Formación en centros de traballo 384
Proxecto de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma 26

En xeral é conveniente ter cursados os módulos do primeiro curso antes de cursar os módulos de segundo curso.

En particular recomendamos:

  • Cursar ao mesmo tempo no primeiro ano
    • Programación
    • Contornos de Desenvolvemento
  • Para cursar calquera dos módulos de segundo convén ter cursado Programación
  • Para cursar Acceso a Datos convén ter cursado:
    • Programación
    • Bases de Datos
  • Para cursar Programación multimedia e dispositivos móbiles convén ter cursado:
    • Programación
    • Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información
    • Bases de Datos

Se un alumno se matricula de módulos de primeiro e de segundo o mesmo ano (tendo en conta o itinerario proposto), é moi posible que se solapen en horario.

Máis información