Skip to main content

Ciclo Formativo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede

Título que se obtén

Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario:
    • Luns: 08:10 - 15:20; Martes a Venres: 08:10 - 14:30.
  • Persoas adultas: Neste réxime a matrícula é modular (por materias). A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida. O horario xeral é:
    • Luns, Martes, Mércores e Venres: 16:00 - 22:05; Xoves: 17:40 - 22:05

Saídas profesionais

Este profesional exerce a súa actividade na área de informática de entidades que dispoñan de sistemas para a xestión de datos e infraestrutura de redes (intranet, internet e/ou extranet).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a en administración de sistemas.
  • Responsable de informática.
  • Técnico/a en servizos de internet.
  • Técnico/a en servizos de mensaxería electrónica.
  • Persoal de apoio e soporte técnico.
  • Técnico/a en teleasistencia.
  • Técnico/a en administración de base de datos.
  • Técnico/a de redes.
  • Supervisor/ora de sistemas.
  • Técnico/a en servizos de comunicacións.
  • Técnico/a en contornos web.

Duración

Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.

Idiomas

  • O alumnado pode participar no Programa CUALE.
  • O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass

En que quenda queres facer este ciclo?

Ordinaria

Estes estudios teñen unha duración de 2 anos académicos, realizando no último trimestre do 2º ano prácticas en empresas por un total de 384 horas. Ademais neste trimestre tamén se cursa o módulo de Proxecto (26 horas)

A lista de módulos (materias) é a seguinte:

MÓDULOS DO PRIMEIRO CURSO HORAS
Implantación de sistemas operativos 213
Planificación e administración de redes 213
Fundamentos de hardware 107
Xestión de bases de datos 187
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 133
Formación e orientación laboral 107

 

MÓDULOS DO SEGUNDO CURSO HORAS
Administración de sistemas operativos 140
Servizos de rede e internet 140
Implantación de aplicacións web 122
Administración de sistemas xestores de bases de datos 70
Seguridade e alta dispoñibilidade 105
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Proxecto de administración de sistemas informáticos en rede 26
Formación en centros de traballo 384

Vespertino

Estes estudios son modulares, polo que alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. A duración para acabar estes estudios é de dous curso académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo e do módulo de proxecto.

Como o alumnado pode matricularse de calquera módulos en calquera orde, o profesorado do departamento de Informática recomenda o seguinte itinerario:

MÓDULOS DO PRIMEIRO CURSO HORAS
Implantación de sistemas operativos 213
Planificación e administración de redes 213
Fundamentos de hardware 107
Xestión de bases de datos 187
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 133

 

MÓDULOS DO SEGUNDO CURSO HORAS
Administración de sistemas operativos 140
Servizos de rede e internet 140
Implantación de aplicacións web 122
Administración de sistemas xestores de bases de datos 70
Seguridade e alta dispoñibilidade 105
Formación e orientación laboral 107
Empresa e iniciativa emprendedora 53

 

MÓDULOS DO TERCEIRO CURSO HORAS
Formación en centros de traballo 384
Proxecto de administración de sistemas informáticos en rede 26

O departamento de informática recomenda:

  • Para cursar Administración de sistemas operativos convén ter cursado:
    • Implantación de sistemas operativos
    • Planificación e administración de redes
  • Para cursar Administración de sistemas xestores de bases de datos convén ter cursado:
    • Xestión de bases de datos
  • Para cursar Servizos de rede e internet convén ter cursado:
    • Implantación de sistemas operativos
    • Planificación e administración de redes

Se un alumno se matricula de módulos de primeiro e de segundo o mesmo ano (tendo en conta o itinerario proposto), é moi posible que se solapen en horario.

Máis información