Skip to main content

Ciclo Formativo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web

Título que se obtén

Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario:
    • Luns: 08:10 - 15:20; Martes a Venres: 08:10 - 14:30.
  • Persoas adultas:  Neste réxime a matrícula é modular (por materias). A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida. O horario xeral é:
    • Luns, Martes, Mércores e Venres: 16:00 - 22:55; Xoves: 17:40 - 22:55

Saídas profesionais

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas relacionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Programador  web.
  • Programador  multimedia.
  • Desenvolvedor de aplicacións en contornos web.

Duración

Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.

Idiomas

  • O alumnado pode participar no Programa CUALE.
  • O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass

En que réxime queres facer este ciclo?

Ordinario

Estes estudios teñen unha duración de 2 anos académicos, realizando no último trimestre do 2º ano prácticas en empresas por un total de 384 horas. Ademais neste trimestre tamén se cursa o módulo de Proxecto (26 horas)

Módulos do primeiro ano Horas
Bases de datos 187
Contornos de desenvolvemento 107
Programación 240
Sistemas informáticos 186
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 133
Formación e orientación laboral 107

 

Módulos do segundo ano Horas
Desenvolvemento web en contorno cliente 157
Desenvolvemento web en contorno servidor 175
Despregamento de aplicacións web 88
Deseño de interfaces web 157
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Proxecto de desenvolvemento de aplicaicóns web 26
Formación en centros de traballo 384

Persoas adultas

Estes estudios son modulares, polo que alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. Matriculándote do máximo de módulos posible cada ano, a duración para acabar estes estudios é de dous cursos académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo e do módulo de Proxecto.

Como o alumnado pode matricularse de calquera módulo  e en calquera orde, o Departamento de Informática recomenda o seguinte itinerario:

Módulos do primeiro ano Horas
Bases de datos 187
Contornos de desenvolvemento 107
Programación 240
Sistemas informáticos 186
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 133

 

Módulos do segundo ano Horas
Desenvolvemento web en contorno cliente 157
Desenvolvemento web en contorno servidor 175
Despregamento de aplicacións web 88
Deseño de interfaces web 157
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación e orientación laboral 107

 

Módulos do terceiro ano Horas
Formación en centros de traballo 384
Proxecto de desenvolvemento de aplicaicóns web 26

O departamento de informática recomenda:

  • Para cursar Desenvolvemento web en contorno servidor convén ter cursado:
    • Programación
    • Bases de datos
  • Para cursar Desenvolvemento web en contorno cliente convén ter cursado:
    • Programación

Se un alumno se matricula de módulos de primeiro e de segundo o mesmo ano (tendo en conta o itinerario proposto), é moi posible que se solapen en horario.

Máis información