Do 1 ao 5 de abril o Salón Virtual UNIferia 2019 comeza a súa andaina na súa 1ª edición. Dende o teléfono móbil, ou dende calquera outro dispositivo con conexión a internet, poderase camiñar, de xeito virtual, polos diferentes stands e facer consultas on-line cos equipos de información e orientación das universidades participantes. Para facilitar a localización da información das universidades e graos, a feira dispón de diferentes filtros de busca: por palabra clave, tipo de universidade, comunidade autónoma, rama de coñecemento, modalidade de estudo, dobres titulacións e impartidos total ou parcialmente en inglés. Para acceder a toda a información é necesario rexistrarse na páxina. |
|