Skip to Content

Orientación

BACHARELATO: ORIENTACIÓN ACADÉMICA

Este caderno  contén información de orientación académica para alumnado de 1º e 2º. Entre outros:

- Aspectos relacionados coa elección das materias na matrícula en 2º de Bacharelato.

- Saídas profesionais tras o Bacharelato: información sobre o acceso a Universidade, FP, etc.

Aconséllase a lectura completa para ter clara unha visión global das opcións que tedes tras Bacharelato, pero podedes ler directamente o apartado que vos interese (matrícula no IES, FP, Bacharelato...) pinchando no índice.

BACHARELATO: Que queres estudar despois?

Este buscador de La Voz de Galicia pode axudarte na procura de información:

https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es

É útil porque podes buscar información das titulacións por diferentes criterios (Grao/FP, titulación, rama de coñecemento, localidade ou nota de acceso). Non detectei ningún erro, pero se te interesa algunha titulación en concreto, lembra sempre constratar a información nas páxinas oficiais.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

MATERIAS de 1º e 2º de BACHARELATO-actualizado para curso 2021/22

Se queres saber máis sobre as materias de 1º e 2º de Bacharelato nas que te poderás matricular, achégase un documento que explica os contidos dalgunhas destas materias e que son as materias de continuidade.

4º ESO: ORIENTACIÓN ACADÉMICA (opcións e matrícula) para alumnado e familias

Lede o documento adxunto (ver) con información de orientación académica; elaborado para que poidades ler con calma e ir valorando xa as decisións sobre a matrícula. 

Aconséllase a lectura completa para obter unha visión global das opcións que tedes tras 4º, pero podedes tamén acceder directamente ao apartado correspondente (FP, Bacharelato...) pinchando no índice.

 

ABAU (2º BACHARELATO)

Consultade nos seguintes enlaces a Convocatoria Ordinaria das ABAU 2020, un resumo e as instrucións actualizadas.

Na páxina da CIUG tedes disponibles, ademáis desta información, outra como os horarios, estrutura e un vídeo explicativo.

FELIZ 15 DE MAIO: DÍA DAS FAMILIAS

Hoxe é o Día Internacional da Familia, un bo momento para facer visible a riqueza da diversidade da sociedade na que vivimos.

 

3ºESO: ORIENTACIÓN ACADÉMICA (matrícula e futuras opcións) para alumnado e familias

Podedes descargar (ver adxunto) este documento con información de orientación académica; elaborado para que podades ler con calma e ir valorando xa as decisións sobre a matrícula. 

Un saúdo,

Alba. Orientadora do IES de Soutomaior.

Ao alumnado de Bacharelato

Se estás pensando en facer estudos universitarios, a Universidade de Vigo te ofrece a ocasión de informarte desde a túa casa sobre as novidades da  ABAU, a preinscrición, o acceso, a matrícula, a oferta dos graos e as súas saídas profesionais, así como sobre os distintos servizos xerais da Universidade.

O mércores 13 de maio, de 17.00 a 19.30 h, #ConectacoaUVigo!

Entra en Campus Remoto coa clave de acceso do estudantado 5b9Uvb

Tes algunha dúbida sobre os graos impartidos na Universidade de Vigo?

O día 14 de maio, na Xornada de Portas Abertas Virtual, poderás preguntarlle ao profesorado das diferentes titulacións todas as cuestións que precises para definir o teu futuro académico. En función do ámbito de coñecemento que che interese, entra na sala que corresponda coa clave de acceso.

O acceso á sala directo está limitado a 101 persoas. Unha vez completada a capacidade só se poderá seguir a sesión a través do streaming directo.

O xoves 14 de maio, 11 a 18h. Dende o DO recomendamosche invertir unha hora no ámbito de coñecemento que máis te interese: 11 a 12h (Artes e Humanidades), 12 a 13h (Xurídico-Social), 16 a 17h (Ciencias e Ciencias da Saúde) e de 17 a 18h (Enxeñería e Arquitectura).

Acceso: ver a clave en cada sala, entrando nas Xornadas Portas Abertas

Estás en 2º de Bacharelato e tes dúbidas sobre o acceso e a matrícula?

A SIE (Sección de Información ao Estudante) da Universidade de Vigo ten sesións semanais de videochata para resolvelas, a través da plataforma Campus Remoto os xoves de 11.00 a 13.00 h.

Para acceder só tes que premer nesta ligazón e entrar co perfil de estudante indicando o teu nome e a clave pdJK7w57.

2ºESO (alumnado e familias): ORIENTACIÓN ACADÉMICA. Información importante para ir pensando na matrícula de 3º

 

Adxunto un documento con información de orientación académica. Pretende orientar nas eleccións que hai que facer en 3º de ESO e ofrecer unha visión do sistema educativo e das opcións futuras.

Se non se cambia de centro, lembrade que os prazos para a formalización da matrícula en ESO e bacharelato son:

  • Do 1 ó 10 de xullo: Prazo ordinario.       
  • Do 1 ó 10 de setembro: Prazo extraordinario.

Un saúdo,

Alba. Orientadora do IES de Soutomaior.

Distribuir contido


by Dr. Radut