Skip to Content

Orientación

Importante: adiántase o prazo para solicitar as BOLSAS MEC para ensinanzas postobrigatorias no curso 2022-2023

Publicouse a convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023 para o alumnado que vaia cursar ensinanzas postobrigatorias. Isto afecta a todo ao alumnado que vai cursar estudos de BACHARELATO ou FP (graos medio e superior) o próximo curso, así como os que van acceder á Universidade.

Prazo de solicitude Bolsas MEC: do 30 de marzo ao 12 de maio. Ampliación: até o 16 de maio.

É necesario que pidas a bolsa neste prazo, aínda que non se abrira o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas con seguridade se vas estudar ou non. Se cres que cumpres os requisitos, é importante que fagas a solicitude: pon os estudos máis probables e cara a setembro poderás cambialos.

Aquí podes ver todos os requisitos que tes que cumprir para ter dereito a recibir a bolsa (requisitos xerais, económicos e académicos).

A solicitude preséntase en liña, a través da páxina web do Ministerio, onde podes consultar toda a información.

Poden solicitar estas bolsas quen se vaia matricular no curso 2022/2023 en:
  • Primeiro e segundo curso de Bacharelato.
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
  • Ensinanzas artísticas profesionais.
  • Ensinanzas deportivas.
  • Estudos de idiomas en Escolas Oficiais.
  • Ensinanzas artísticas superiores.
  • Estudos relixiosos superiores.
  • Estudos militares superiores.
  • Cursos de preparación para probas de acceso á FP impartidos en centros públicos e privados concertados.
  • Formación Profesional Básica. 
  • Ensinanzas universitarias.

Bolsas para alumnado con NEAE: aínda non sabemos o prazo, pero é posible que se adianten tamén este curso, polo que, se é o caso, lembra solicitar o certificado de Discapacidade, e entregar no Dpto. de Orientación esta e calquera outra información actualizada.

Orientación ESO

O Departamento de Orientación programa sesións de Información Académica, para axudar o alumnado e as familias con dúbidas sobre as eleccións que deberán facer próximamente de cara ao curso 2022/23.

O alumnado será informado en horario lectivo, do 15 ao 25 de marzo.

As sesións para as familas interesesadas serán presenciais (1 persoa máximo por unidade familiar) e é necesario inscribirse cubrindo este FORMULARIO (data máxima: día previo á sesión).

DATAS das sesións para as familias:

4º de ESO para Familias: luns 21, de 19:30 a 20:45.

- Contidos: criterios de titulación e opcións futuras. Ciclos de FP, Ensinanzas de Réxime Especial, Bacharelato e Graos Universitarios. Bolsas MEC e NEAE. Premios extraordinarios da ESO.

3º de ESO para Familias: xoves 24, de 20h a 21h.

- Contidos: criterios de promoción e titulación na ESO. Itinerarios en 4º de ESO e Bacharelato. Acceso á Universidade (Graos) e Ciclos de FP. Ensinanzas de Réxime Especial. Bolsas NEAE.

2º de ESO para Familias: luns 21, de 18h a 19h.

- Temas: características da ESO.  Bolsas NEAE. Aspectos que se deben ter en conta na matrícula de 3º de ESO. Que poderei estudar despois de 4º de

Ademais, aproveitamos para recordarvos que podedes inscrivirvos aquí para a sesión da Escola de Familias que organiza a OMIX do Concello, o martes 22 ás 18,30h, cos seguintes contidos: Establecemento de normas e límites, prevención e intervención ante condutas violentas. Violencia intrafamiliar

Infinitas - 8M

Mañá dá comezo o programa do 8M, Día Internacional da  Muller, da Concellería de Igualdade e o CIM de Soutomaior, coa sesión de contacontos "Carabranca", a cargo da artista polifacética Iria Pinheiro. 

Baixo o lema "8M INFINITAS", a campaña deste ano céntrase na diversidade dos feminismos e seguirá o 11 de marzo coa proxección de "Nós, infinitas", documental realizado por Raquel Fernández e Coral Piñeiro no que coñeceremos as reflexións de diferentes mulleres de Soutomaior sobre a igualdade e os retos das mulleres actuais. Entre elas, contaremos cos testemuños de Lucía Castrillo e Sofía Martínez, alumnas de 4º ESO do noso centro.

Xa o venres 18, a biblioteca municipal acollerá unha conferencia sobre a evolución do movemento feminista dende a transición. impartida por Raquel Fernández. Gustaríanos destacar a presenza no programa desta ex-alumna do CPI Manuel Padín Truiteiro, especialista en Historia Contemporánea e impulsora da iniciativa @mulleresgalegas, que podedes coñecer nesta entrevista que lle fixo o Nós Diario.

Ademais, gustaríanos destacar que o cartel do programa foi deseñado por Elba Alján, tamén ex-alumna do Padín, Técnica en Ilustración e premio extraordinario nas ensinanzas artísticas profesionais na modalidade de deseño. Elba describe así esta ilustración: "Nela podemos ver un grupo de amigas coas que podemos identificarnos. Están en harmonía sentadas nun dos muros da Peneda, deixando así ver unha paisaxe da Ría de Vigo sobre a que destaca a Ponte de Rande. A  escena sucede durante a  noite e pódese ver unha representación do ciclo lunar completo (que forma un infinito), xa que estes dous elementos sempre estiveron ligadas á muller pola súa misticidade e influencia sobre os nosos períodos, así tamén lembrándonos as meigas".

Remata o ciclo de charlas temáticas e divulgativas das universidades

Galería de imaxes

Ao longo dos meses de xaneiro e febreiro o noso centro acolleu 7 charlas temáticas impartidas por profesorado das Universidades de Vigo (Programa científico-divulgativo) e Santiago de Compostela (Programa A Ponte).

Este ciclo, organizado polo Departamento de Orientación e diversos seminarios didácticos do instituto para o alumnado de 4º ESO e Bacharelato, tivo como finalidade achegar o alumnado aos estudos universitarios, ás investigacións que desenvolven nos seus centros e ás saídas profesionais futuras. Ademais, estas xornadas procuraron informar e orientar o noso alumnado como futuro estudante universitario para que poida elixir os estudos que máis se adapten ás súas preferencias.

Estas conferencias abordaron diferentes temas de interese social, moi conectados coa actualidade e de relevancia para o futuro profesional do alumnado:

  • Que se fai na Informática Industrial?, por Manuel Pérez Cota (17-01-2022).
  • Éntrache nunha lingua... e sáeche pola outra!, por Lara Domínguez Araújo (20-01-2022).
  • "A gandería na encrucillada: produción de alimentos, benestar animal e cambio climático", por Ramiro Rodríguez Rodríguez (21-01-2022).
  • "A situación enerxética galega: un debate necesario para ter futuro", por Adrián Diós Vicente (24-21-2022).
  • "Recent change in English", por Belén Méndez Naya (28-01-2022). 
  • "NanoCIENCIA e Nanotecnoloxia", por Juan Pablo Hervés (04-02-2022).
  • "Sabemos o impacto ambiental do que comemos?", por María Jesús Sáinz Osés (21-01-2022). 

Enquisa UVIGO

Enquisa voluntaria para alumnado de 1º de Bacharelato.

 

https://docs.google.com/forms/d/1qetWrCNrkZWhvQbDj0F53NnV8O89F-gVDGB-xhA...

ESCOLA DE FAMILIAS: porque sabemos que educar non é doado...

Por iso, convidámosvos a participar na Escola de Familias, que organiza o Concello de Soutomaior.

O obxectivo é ofrecervos ás familias acompañamento e asesoramento na crianza dos vosos fillos, da man de profesionais que vos poden axudar a afrontar certas situacións, darvos seguridade na vosa labor, ou axudarvos a xestionar mellor situacións nas que vos podades sentir sentir desbordadas.

Contarase con dúas profesionais con ampla experiencia no acompañamento a familias e no traballo con infancia e adolescencia de ASEIA - Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia-.

A primeira terá lugar o martes 22 de febreiro ás 18.30 no IES, e abordaranse temas coma os retos que se lles presentan ás familias no contexto actual. Servirá para propoñer tamén temas a abordar en sesións posteriores, co fin de centrar as sesións en temas que detectamos que están presentando moitos conflitos como son, por exemplo, os provocados polo uso das redes sociais, teléfonos, etc.

A 2ª sesión será o martes 22 ás 18,30h, cos seguintes contidos: Establecemento de normas e límites, prevención e intervención ante condutas violentas. Violencia intrafamiliar

A inscrición para a 2ª sesión xa está aberta en: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/2753/escola-de-familias-convivencia-e-adolescencia  Se tes que acudir co teu fillo/a menor, indícao para poder contar con persoal para actividades dirixidas para eles/as. 

Bolsas económicas para o alumnado de Bacharelato, FP e necesidades específicas de apoio educativo

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca as bolsas e axudas económicas para o Curso 2021-22. O prazo para a presentación de solictudes manterase aberto ata o 30 de setembro. Terán dereito a estas axudas (para acceder á convocatoria prema en cada categoría): 

- Alumnado de Bacharelato.

- Alumnado de necesidades específicas de apoio educativo.

- Alumnado de Formación profesional.

Alumnado 2ºBacharelato: ABAU e acceso á Universidade

Para ter claro o proceso, le os seguintes documentos-resumo e consulta as páxinas oficiais:

CICLOS DE FP: inscrición para o curso 2021/22

O 25 de xuño abre o prazo para a inscrición nos ciclos de FP.

Toda a información está disponible en http://www.edu.xunta.es/fp. Adxúntase un resumo dos aspectos importantes para alumnado e familias. Le o documento e mira o vídeo explicativo da inscrición na aplicación.

Podedes consultar o resto de información sobre FP na páxina oficial e na Aula Virtual, xunto co resto de información de Orientación.

Lembrade que pódense solicitar bolsas para os estudos postobrigatorios (FP, Bacharelato e Universidade) que o Ministerio de Educación adoita publicar en agosto.

PERIODO ORDINARIO: para CM e CS

  • Presentación de solicitudes: 25 de xuño ao 5 de xullo ás 13h.
  • Listaxe provisional de solicitudes: 12 de xullo.
  • Reclamación á listaxe provisional: 12 de xullo ás 9:00 ao 14 de xullo ás 13h.
  • 1ª adxudicación: 20 xullo. Matrícula 1ª adxudicación: 20 xullo ao 26 xullo ás 13h.
  • 2ª adxudicación: 28 xullo. Matrícula 2ª adxudicación: 28 xullo ao 30 xullo ás 13h.

PERIODO EXTRAORDINARIO: para CM (para CS só sobre as listaxes de espera de xuño).

  • 1ª adxudicación, sobre as listaxes de espera do período ordinario: 2 de setembro
  • Matriculación 1ª adxudicación: 2 de setembro ás 9:00 ao 6 ás 13h horas 2 de setembro ás 9:00 ao 6 ás 13h.
  • Presentación de solicitudes: 1 de setembro ás 9:00 ao 9 ás 13h.

No prazo extraordinario, do 1 ao 9 de setembro, só se poderán presentar solicitudes para ciclos de grao medio, tanto no réxime ordinario como para as persoas adultas.

Un camiño para todos e todas

O alumnado de 4º ESO C exerceu de anfitrión da 2ª edición do proxecto "Xacobeo Autismo. Un Camiño de Todos", unha iniciativa enmarcada no programa de “O Teu Xacobeo” pola cal 20 persoas con trastorno do espectro do autismo viviron e compartiron a súa experiencia como peregrinos nun camiño xacobeo que os levou dende Nigrán a Pontevedra en 6 etapas entre o 11 e o 27 de maio.

Ao seu paso por Soutomaior, no que recalaron ao final da 5ª etapa, os mozos e as mozas de 4º ESO C déronlles a benvida e moito ánimo ás 20 persoas usuarias da Fundación Menela que están a vivir esta experiencia coa campaña de moitos colectivos, institucións e centros escolares, como se pode seguir a través do seu perfil nas redes sociais

O Castelo e os seus xardíns, a ponte medieval da Comboa, a ponte de Pontesampaio, a igrexa de San Salvador e a praia da Xunqueira foron os lugares de interese recomendados polos alumnos e alumnas do instituto, que ademais de seren uns excelentes embaixadores/as do Concello demostraron que son persoas solidarias e implicadas socialmente. Noraboa! E o agradecemento tamén para a titora Sandra e a orientadora Alba por acoller a proposta de Menelas. Mil grazas!

Distribuir contido


by Dr. Radut