Skip to Content

O IES de Soutomaior participará no Plan Proxecta durante o curso 2018/2019

O IES de Soutomaior vén de ser seleccionado para participar no Plan Proxecta, programa educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que, en colaboración con diferentes organismos, está orientado a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

En concreto, o alumnado da materia "Obradoiro de Habilidades Comunicativas, impartida en 1º de Bacharelato, concorrerá, xunto co profesrado dos Departamentos de Lingua Galega, Lingua Castelá e Filosofía, no Parlamento Xove. Este proxecto ten como obxectivo fomentar entre a mocidade galega o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias e, tamén, potenciar habilidades individuais e en grupo como a capacidade para seleccionar información, a expresión oral e escrita, a orixinalidade, o traballo en equipo e a convivencia.

O alumnado xa comezou a súa preparación nas clases e participou no Obradoiro de Debate que tivo lugar o pasado 31 de outubro no Instituto. As fases de formación, clasificación e final terán lugar  durante o 2º trimestre.



book | by Dr. Radut