Lexislación Bolsas e axudas Calendario escolar Impresos profesorado

Impresos alumnado

Tecnoloxía

Concurso de Robótica EEI

O pasado 28 de Abril alumnos de Tecnoloxía de 4º da ESO e de Robótica de 1º de Bacharelato participaron no III Concurso de Robótica da Escola de Enxería Industrial da Universidade de Vigo, aquí tedes un pequeno resumo en forma de vídeo:

 

II Premio nacional de iniciación a la investigación tecnológica

Premio a iniciacion a investigacion tecnolóxicaO proxecto nace co espírito de promocionar as vocacións e interese da sociedade na enxeñaría, e para iso considérase imprescindible potenciar e fomentar a materia de Tecnoloxía, no contexto de conseguir comunicar a necesidade de innovación e a importancia da enxeñaría en tal proceso, e de maneira especial impulsar e reforzar estas aptitudes nos estudantes de 3º e 4º cursos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de 1º e 2º de Bacharelato, que estean a cursar as materias de Tecnoloxía ou Tecnoloxía Industrial aos que vai dirixida esta iniciativa.

Nesta edición os participantes deberán idear e propor unha solución relacionada con temáticas por exemplo: aforro enerxético, xestión de residuos, atención á discapacidade, urbanismo intelixente, de posible aplicación á súa contorna doméstica, urbano ou escolar (por exemplo na aula).


O Concurso estará aberto á recepción de traballos participantes até o 28 de febreiro de 2017, establecéndose no procedemento de selección unha fase local e outra nacional, esta última será a final, onde os dous proxectos mellor valorados - un de cada categoría- CATEGORÍA "A" (ESO) E CATEGORÍA "B" (BACHARELATO), serán recoñecidos cun diploma acreditativo e un premio equivalente a un valor monetario de mil euros cada un. Ademais entregarase o mesmo valor monetario ao Centro educativo onde partan cada unha das propostas gañadoras, para destinar en material para a aula tecnolóxica do centro.


O Premio Nacional contará co patrocinio de Caixa de Enxeñeiros e será outorgado e entregado pola UAITIE, nun acto institucional programado o 29 de abril de 2017.

Máis información na web da UAITIE

I Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo

O IES San Paio acada un merecido 2º posto, na súa categoría, na I Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.

A convocatoria foi todo un éxito: un total de 110 autómatas participaron na competición o venres 24 de Abril, máis de 500 alumnos e alumnas de 37 centros educativos de ensino secundario de toda Galicia.

 

Noraboa ao equipo participante, o traballo ben feito ten o seu recoñecemento!:

 Campións

Lucas Fernández Domínguez (1º BAC A)

Darío González Ferreiro (1º BAC B)

Samuel Diz Pereira (4º ESO D)

Nicolás Mandianes Fernández (4º ESO C)

Alejandro Vilela González (Profesor do Departamento de Tecnoloxía)

 

No telexornal da TVG (min 15:50) falan do éxito da competición:
Distribuir contido
 

Rúa Alcalde Casal Aboy nº 11

TUI 36700   Tlf: 886110762

iessanpaio@edu.xunta.es