Skip to Content

II Premio nacional de iniciación a la investigación tecnológica

Premio a iniciacion a investigacion tecnolóxicaO proxecto nace co espírito de promocionar as vocacións e interese da sociedade na enxeñaría, e para iso considérase imprescindible potenciar e fomentar a materia de Tecnoloxía, no contexto de conseguir comunicar a necesidade de innovación e a importancia da enxeñaría en tal proceso, e de maneira especial impulsar e reforzar estas aptitudes nos estudantes de 3º e 4º cursos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de 1º e 2º de Bacharelato, que estean a cursar as materias de Tecnoloxía ou Tecnoloxía Industrial aos que vai dirixida esta iniciativa.

Nesta edición os participantes deberán idear e propor unha solución relacionada con temáticas por exemplo: aforro enerxético, xestión de residuos, atención á discapacidade, urbanismo intelixente, de posible aplicación á súa contorna doméstica, urbano ou escolar (por exemplo na aula).


O Concurso estará aberto á recepción de traballos participantes até o 28 de febreiro de 2017, establecéndose no procedemento de selección unha fase local e outra nacional, esta última será a final, onde os dous proxectos mellor valorados - un de cada categoría- CATEGORÍA "A" (ESO) E CATEGORÍA "B" (BACHARELATO), serán recoñecidos cun diploma acreditativo e un premio equivalente a un valor monetario de mil euros cada un. Ademais entregarase o mesmo valor monetario ao Centro educativo onde partan cada unha das propostas gañadoras, para destinar en material para a aula tecnolóxica do centro.


O Premio Nacional contará co patrocinio de Caixa de Enxeñeiros e será outorgado e entregado pola UAITIE, nun acto institucional programado o 29 de abril de 2017.

Máis información na web da UAITIE



page | by Dr. Radut