![]() |
Admisión 2018-2019 | ![]() |
*
As profesoras e profesores, así como as demais traballadoras e traballadores do IES San Paio, queremos amosar a nosa solidariedade coas familias afectadas no tráxico accidente ocorrido en Paramos. Poñémonos á súa disposición para todo no que poidamos colaborar.
NOVAS
Teléfono do IES San Paio: 886110762 |
PROBAS DE ACCESO A CICLOS |
Orientación a Pé.
Un ano máis uns 180 alumnos e alumnas do noso IES van participar nos campionatos de Orientación a Pé comezando cos Zonais da provincia de Pontevedra.
Para preparar a nosa participación faremos repaso do esencial dunha carreira de orientación a pé no 1ºrecreo do martes 19 En Usos Múltiples.
Cómpre ter frescos tamén os símbolos do mapa que podedes repasar con este documento
En canto á carreira en sí, a organización dará unha pequena charla, na que se adiantan os puntos fundamentais para completala correctamente:
- O percorrido debe facerse en silencio.
- As distancias para esta proba serán:
-
- Infantil: 1,9kms (60m desnivel)
- Cadete: 2,4kms (85m desnivel)
- Deben visitarse as balizas (puntos de control) na orde establecida no mapa (1, 2, 3, 4, ...).
- Si se picase unha baliza incorrecta, sempre se pode continuar se o resto do percorrido se fai correctamente
- As tarxetas electrónicas teñen un límite de 20 balizas, polo que non é recomendable marcar unha baliza que non sexa nosa (sempre se debe confirmar o código previamente).
- No mapa existirá un ou varios bucles, como o que deixamos a continuación:
- O exemplo anterior determina que as balizas 1, 4 e 7 son a mesma, pero que SEMPRE hai que pasar por ela no momento que corresponda. Quere isto decir que iríamos á nosa baliza 1, logo á 2, despois á 3, e posteriormente, volvemos a pasar pola 4 (que era a mesma que a 1). Se non se fai nesa orde, a carreira non é válida.
VISITA DE ESTUDOS A PORTO (4º de ESO)
Os Departamentos de Bioloxía e de Matemática do IES San Paio organizan esta saída didáctica para o alunado de 4º da ESO á cidade do Porto para o vindeiro día 15 de Febreiro.
Nesta actividade pretende-se asistir a unha sesión do Planetário da Universidade e facer un percurso pola parte monumental da cidade.
Para coñecer o programa preme aquí ou no documento adxunto.
A MULLER NA CIENCIA: Encontro con exalumnas científicas
Un bo xeito de visibilizar á muller na ciencia é que as nosas exalumnas nos dean a coñecer o seu propio quefacer nun día como o de hoxe.
Parabéns a todas elas.
DE AMORIBUS. 14 de febreiro.
TITORÍAS E MATERIAS
O equipo da Biblioteca ten preparado un concurso adicado ao amor para todo o alumnado e profesorado.
Esta actividade é un pequeno xogo de coñecemento e investigación no que poden participar de xeito individual ou por equipos (non máis de tres participantes por equipo).
Precisan dun móbil ou dispositivo que teña datos e lector de códigos QR.
DESENVOLVEMENTO DO XOGO:
- Nos corredores do centro están expostos carteis sobre diferentes formas de amor.
- Cada cartel ten un código QR que enlaza co blog da Biblioteca onde está colgada a información sobre a situación ou persona da que se fala.
- Así mesmo, hai dúas preguntas: A primeira é para os niveis de 1º e 2º de ESO e a segunda, para o resto.
- Unha vez se teñan as respostas a todas as preguntas do mesmo nivel de cada cartel, comezarase un Xogo de Breakout on line (ver abaixo os enlaces con QR ou preme na imaxe para acceder).
- Cando o alumnado sexa capaz de rematar o Breakout, deberá pasar pola Biblioteca do IES para acceder ao Concurso.
XOGO PARA 1º E 2º DE ESO | XOGO PARA O RESTO DO ALUMNADO |
![]() |
![]() |
