Lexislación Bolsas e axudas Calendario escolar Impresos profesorado

Impresos alumnado

Sorteo rifas SAÍDA DIDÁCTICA LISBOA 19

Recordamos que mañá (27 de maio) remata o prazo para reclamar a TABLET do sorteo das rifas para axuda á

VIAXE DIDÁCTICA A LISBOA ´19

[Estamos no IES ata as 18.00h.]

 

 

Moitas grazas por colaborar -unha vez máis- co alumnado na financiación desta viaxe.

Sorte!

APADRIÑAMENTO LECTOR

Un ano máis, desde a Biblioteca e coa colaboración do Departamento de Relixión e da materia de Estratexias de Comunicación, o alumnado de 1º de ESO ven de apadriñar á cativada da Galiña Azul.
Cos seus álbumes ilustrados ás costas e o seu bo facer, o noso alumnado usa os seus recreos para ir ler contos xs máis peques que xs están esperando cos brazos abertos.
Unha experiencia igual de fantástica para os rapaces e rapazas do noso IES como para os nenos e nenas da Escola Infantil. Unha simbiose perfecta.

 

FARO DE VIGO: Unión léxica entre Tui y Valença

Aproveitando a saída polo Día Internacional da Bicicleta e pasando pola Ponte Internacional, o grupo de traballo Erasmus+ promoveu unha nova iniciativa co alumnado, a Cámara de Valença e o Concello de Tui: TENDEMOS PONTES!

(para ler a nova do periódico preme na imaxe)

Campionato Galego de Orientación a Pé: IES SAN PAIO SUBCAMPIÓN de Centros Escolares!

O pasado sábado 4 de maio un xenial equipo de rapaces e rapazas do noso IES participaron no Campionato Galego en idade escolar. Corroboramos, un ano máis, que neste centro hai madeira -e da boa!- porque sen apenas entreno nin máis coñecemento que algunhas probas ás que asistimos, o equipo quedou nun moi honorable 2º posto e a piques de clasificarse para o Campionato de España.

Parabéns EQUIPO polo éxito, polo bo ambiente creado e por animarvos e apoiarvos uns de outrxs. Iso é xogo limpo e compañerismo.

A grazas á profe Amparo por acompañarnos. ;)

COMIC-CON MOAÑA 19

Outro ano máis o noso Club de Manga e Anime "Tuitaku" ven de participar na Comic-con de Moaña. Esta vez da nosa man estivo o xogo de Escape Room que xa tanto éxito tivera na quedada do noso IES alá por febreiro e que nos pediron que o levásemos a Moaña. Outro éxito grazas ao traballo, dedicación e esforzo de Antón, Carmen, Yasmim, Celia, Alba, Julia, Diego e Antía; encargadxs e responsables do xogo. Ademais de disfrutar das distintas actividades, un bo grupo de socixs participou no concurso de Talentos así como no concurso de debuxo, gañando Olalla o 3º Premio. Queremos agradecer ao profesorado acompañante -Manuel Arnau e David Giráldez- o día que botaron responsabilizándose todo o día do venres na actividade e deixando que o alumnado puidese participar ;)

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA ALUMNADO DE 3º- 4ºESO

O Departamento de Educación Física organizou xunto coa ASGATE (Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias) un taller sobre Primeiros Auxilios para alumnado de 3º-4ºESO

 

CAMPIONATO ESCOLAR GALEGO DE ORIENTACIÓN - 2019

Preparándonos para o Campionato Galego!

Un gran equipo de orientadores e orientadoras representará ao noso Instituto a nivel Galego. Todo un éxito.

Este ano o campionato realizarase o sábado, 4 de maio en xornada de mañá na área recreativa de Barbantes Estación do Concello de Cenlle, Ourense.

  

CATEGORÍA

ALUMNADO

DORSAL

SI

SAÍDA

Infantil feminino

IRIA DOMÍNGUEZ(1ºC)

129

4621386

11:11

 

YULEISY TEJERA (2º C)

130

4621385

11:15

CRISTINA PIÑA (2ºA)

131

4621387

11.43

ANDREA PÉREZ (1ºD)

146

4621389

11.59

ALBA ESTÉVEZ (1ºD)

147

4621384

12.09

Infantil masculino

YOHANIS ROMERO (2ºA)

132

4621383

11.14

XACOBE GONZÁLEZ (1ºC)

133

4621388

12.18

ANXO FERNÁNDEZ (1ºA)

134

4621391

11.18

SANTIAGO JIMÉNEZ (2ºA)

135

4621394

11.54

Cadete  feminino

NURIA VÁZQUEZ (3ºA)

136

4621393

11.57

DANIELA SANZ (3ºA)

137

4621395

12.01

CLARA PEREIRA (3ºC)

138

4621399

12.11

ALBA GARCÍA (3ºA)

139

4621392

11.41

MAR FONT (3ºC)

140

4621397

11.21

HIBA EL GHALI (2ºC)

141

4621390

11.03

Cadete  masculino

XOAN COYA (3ºC)

142

4621396

12.12

BELTRAN GARCÍA (3ºC)

143

4621400

11.00

IAGO SOUTO (3ºC)

144

4621401

11.26

DAVID LAGO (3ºA)

145

4621402

11.52

 

BOLETÍN DO IES: aquí

Toda a información do CAMPIONATO na páxina da FEGADO

O boletín da organización  + BOLETÍN FINAL(importante lelo)

DESCARGADE AQUÍ:  MAPA ANTIGO 1.   MAPA ANTIGO 2

Información sobre o circuíto permanente de orientación do Concello de Cenlle

 

 

ERASMUS+ "Eurocidade: tendendo Pontes" na Radio MT

TODA A INFORMACIÓN E O PODCAST PREMENDO NA IMAXE:

Distribuir contido
 

Rúa Alcalde Casal Aboy nº 11

TUI 36700   Tlf: 886110762

iessanpaio@edu.xunta.es