Skip to Content

Dinamización Galego

BASES Concurso de Fotografía "Contornas Cercanas"

 

 

Bases do Concurso:

O EDLG organiza o Concurso de Fotografía "Contornas Cercanas", que ten como obxectivo principal capturar a beleza e a esencia dos lugares próximos aos que os alumnos e alumnas do IES San Paio de Tui teñen un vínculo emocional. Estes lugares poden ser os seus fogares, as áreas onde xogaban de pequenos, ou incluso persoas ou paisaxes que lles son especialmente queridas.

 

Regras do Concurso:page1image7374912 page1image7374528page1image7374336

1. Participantes: O concurso está aberto a todo o alumnado matriculado no IES San Paio de Tui.

2. Tema: As fotografías deberán centrarse en lugares, persoas ou paisaxes que teñan un significado especial para a alumna ou alumno que as capturou. Os temas poden incluír, pero non se limitan a: o lugar de residencia, lugares de xogo da infancia, lugares de especial significado emocional, ou persoas queridas.

3. Formato: As fotografías deben ser presentadas formato dixital (.jpg, .jpeg ou .png) e teñen que ser acompañadas dun breve texto explicativo en galego (máximo de 150 palabras) que inclúa o lugar retratado, a data da fotografía, o nome do autor/a e unha breve explicación de por que ese lugar ou persoa é importante para o alumno/a.

4. Número de Fotografías: Cada participante pode presentar ata un máximo de tres fotografías.

5. Cualidade Artística: Valorarase tanto a calidade técnica como a creatividade artística das fotografías. A orixinalidade, composición e o impacto visual terán un peso importante na avaliación do xurado.

6. Envío das Entradas: As fotografías xunto cos seus textos explicativos deberán ser enviadas por correo electrónico a edlgsanpaio@gmail.com antes do prazo de peche.

7. Prazo de Envío: O prazo de envío de fotografías comezará o día 15 de Abril e rematará o día 17 de Maio de 2024.

8. Premios: O xurado seleccionará as mellores fotografías tendo en conta a súa calidade artística e a profundidade da conexión emocional co tema. Os premios serán anunciados na ceremonia de entrega de premios. Os tres primeiros premios serán obsequiados cunha camisola do oficial do IES San Paio.

9. Exposición: As fotografías seleccionadas serán expostas no IES San Paio de Tui, na súa web e nas redes sociais do EDLG durante un período de sete días para que toda a comunidade escolar poida aprecialas.page1image7388160 page1image7388352

Xurado:

page1image7388544page2image7360448

O xurado estará composto por 7 membros, escollidos de entre os membros dos EDLG e da Biblioteca do Centro, e do profesorado do Departamento de Artes Plásticas do IES San Paio de Tui. A súa decisión será final e inapelábel.

Nota Final:

O Concurso de Fotografía "Contornas Cercanas" ofrece ao alumnado do IES San Paio de Tui unha oportunidade única para compartir e celebrar os lugares e persoas que lles son máis queridos.

Animamos a todas as persoas participantes a capturar a esencia das súas contornas cercanas e a compartir as súas historias a través da fotografía.

Boa sorte a todos e todas!page2image7363136

Data: 
Mar, 09/04/2024 - 17:55

25 DE ABRIL DE 2024- CINQUENTA ANOS DA REVOLUÇÃO DOS CRAVOS

(Desliza desde os laterais para avanzar as diapositivas)

Data: 
Mér, 13/03/2024 - 20:19

Normas de comportamento: LISBOA 24

Deixámosvos algúns avisos e normas de comportamento para a viaxe a Lisboa que xa vos presentamos na reunión coas familias.

Podedes descargalas no arquivo adxunto de abaixo.

 

Data: 
Sáb, 02/03/2024 - 11:29

Programa diario: LISBOA 2024.

Presentámosvos o programa para a visita didáctica a Lisboa no que participará o alumnado de 3º da ESO e que ten certas novidades con respecto a outros anos:

Podesdes descargalo no arquivo adxunto:

Data: 
Mér, 28/02/2024 - 20:34

Día de Rosalía: Obradoiro de creación de chapas.

 

chapas DÍA DE ROSALÍA de Amalia Otero

Data: 
Sáb, 17/02/2024 - 15:24

Permisos para viaxar menores ao estranxeiro - Lisboa 24

Adxuntamos a "Declaración Permiso de viaxe fóra do territorio nacional para menores" da Garda Civil e da Policía Nacional.

Data: 
Xov, 15/02/2024 - 14:23

4º ESO no teatro: ALMAS NA GLORIA (AVELAÍÑA TEATRO)

Hoxe, con ALMAS NA GLORIA, unha produción de AVELAÍÑA TEATRO, o alumnado de 4° ESO do IES SAN PAIO fixo unha viaxe espectacular a través do tempo para coñecer unha parte importante na vida de Don Paco, o creador do Día das Letras Galegas e que agora queda inmortalizada grazas a esta obra! 


Data: 
Xov, 01/02/2024 - 21:14

Teatro: "Almas de Gloria" para 4º ESO

 

AVELAÍÑA TEATRO preséntanos "Almas na Gloria", obra escrita e representada en homenaxe a Francisco Fernández del Riego.

Este é un relato de "memoria histórica" no que se presentan os episodios, que aconteceron entre os anos trinta e setenta do século pasado, nos que D. Paco tivo un protagonismo relevante.

Nesa longa noite de pedra, azoutada polo furacán do terror, un grupo de intelectuais galeguistas tenen conciencia da situación de caídos, mais ron se resignan á fatalidade do destino fascista senón que, na clandestinidade, buscan estratexias para reincorporarse e restaurar a lexitimidade republicana.

Data: 
Xov, 25/01/2024 - 17:38

Reto 5 días en Galego

Comezamos o "Reto 5 días en Galego"!!!

Esta iniciativa terá lugar nesta semana, do 15 ao 19 de xaneiro que será un desafío que incentive ao noso alumnado a comunicarse exclusivamente en galego durante toda a semana e en todo o ámbito escolar.

Perto de 200 participantes usarán unha chapa indicativa que sinaliza o/s seu/s compromiso/s co reto.

Obxectivo: Crear un ambiente favorábel ao uso e á promoción do galego en todas as situacións cotiás.

Xa tes a túa chapa???

Data: 
!dat-abbreviation Dom, 14/01/2024 - 16:26

Viaxe estudo á Lisboa 23-24

Un ano máis e seguindo unha longa tradición no IES San Paio, o EDLG xunto co departamento de Matemáticas están a organizar a saída didáctica a Lisboa para o alumnado de 3ESO.

A semana previa á Semana Santa visitarán os monumentos e zonas máis emblemáticos da capital portuguesa.

Podedes consultar un interesante dossier con toda a información de Lisboa que o profesorado creou para coñecer os lugares e as visitas que farán na cidade lisboeta.

 RIFAS: O pagamento/recollida do segundo talonario terá lugar entre o mércores 20 e o xoves 21 de decembro, nos recreos no departamento de Mates.

Data: 
!dat-abbreviation Dom, 17/12/2023 - 17:34
Distribuir contido


by Dr. Radut