Skip to Content

Clubes

25 N QUE NUNCA NINGUÉN

Fai clic no cartel para ver o acto

Data: 
!dat-abbreviation Dom, 26/11/2023 - 07:36

XUNTANZA VOLUNTARIADO E CLUBS

 

 O pasado día 2 de outubro tivemos o primeiro xantar co voluntariado e participantes das distintas seccións dos clubs de lectura para organizar o curso.

Non puidemos quedar a totalidade dos membros pero aínda así eramos máis de 50!

 

 

 

 

 

 
   

 

 

 

Data: 
Xov, 19/10/2023 - 11:17

Mollándonos na lectura

O pasado martes, 17 de outubro, a climatoloxía adversa non foi quen de impedir a nosa primeira, neste curso, xuntanza oficial do club de lectura de adultos.
A sesión, duns noventa minutos, dividiuse en dúas partes.
Na principal abordamos distintos aspectos de A muller xabaril: contextualización da novela dentro da obra e das lembranzas da autora; visionado dunha entrevista con Fina Casalderrey; tratamento non tanto da muller concreta Adelina Franco como da muller en xeral vítima do desprezo, o maltrato, a incomprensión ou os aldraxes; o papel da familia da protagonista e das circunstancias históricas vividas; o comportamento de Ramiro; o maxistral uso do xénero epistolográfico no desenvolvemento da estrutura narrativa; a dosificación da información que permite manter a intriga e o interese do lector ata o final; os temas da violencia, o escarnio ou o idadismo; o rexeitamento social ao que resulta diferente e/ou rompe os moldes estabelecidos; o papel da lectura, da formación, da cultura (por algo A Muller Xabaril levaba ao lombo un saco con libros, entre outras pertenzas).
Na última parte presentamos e discutimos distintas propostas de próximas lecturas: a do vindeiro mes será, aproveitando a visita da autora ao noso centro, O ano das mazás (vivencias do pai da escritora nos tempos da posguerra: maltrato infantil na escola, nais solteiras, relixión evanxélica, estraperlo, privacións e fame). Outras suxestións lectoras correspóndense con O estranxeiro de Alex Alonso (un surrealista asasinato da pábulo a unha humorística e mordaz crítica á sociedade actual, aos seus principios e valores e á volubilidade da xustiza); Coa man esquerda de Xabier Quiroga (un escritor recibe un curioso manuscrito no que un ancián conta arrepiantes sucesos vividos cando era neno e que lle deixarán fonda pegada) ou Unha saca da patacas de Francisco Coimbra (onde se xoga coa ambivalencia semántica do termo “pataca”: tubérculo e moeda, cun destacado protagonismo da lingua mais tamén cunha crítica social encarnada no luxo de Macau sostido co traballo precario das distintas profesións que fan posíbel o ouropel dese luxo)
Vémonos o vindeiro mes!

Data: 
Xov, 19/10/2023 - 05:52

Marilar Aleixandre. Encontro con "As malas mulleres"

O pasado luns 13 o noso alumnado de 1º de Bacharelato e algunhas integrantes do noso Club de Lectura tivemos a sorte de acudir ao encontro con Marilar Aleixandre sobre o seu libro "AS MALAS MULLERES" co que recibiu o Premio Nacional de Narrativa 2022 e o Premio Blanco Amor 2020.

 

Voltaremos a falar deste libro de Marilar na seguinte sesión do Club de Lectura que terá lugar o vindeiro martes, 18 de abril (de 18.00 a 19.00h na biblio do centro).

Quedades convidados e convidadas!

Data: 
!dat-abbreviation Dom, 19/03/2023 - 10:56
Distribuir contido


by Dr. Radut