No IES San Paio vimos traballando con diversos plans e proxectos para adaptarnos ás novas metodoloxías, á nova lexislación e moi especialmente ás necesidades do noso alumnado.
- Proxecto E-Dixgal. Implementado en toda a etapa da ESO, nas seguintes materias, nas que se traballa prioritariamente nun entorno virtual de aprendizaxe:
- 1ESO: Bioloxía e Xeoloxía, Educación Física, EPV, L. Castelá, L. Galega, Matemáticas, Tecnoloxía e 2ª lingua extraxeira Francés.
- 2ESO: Educación Física, Física e Química, L. Castelá, L. Galega, Matemáticas, Música, Tecnoloxía e 2ª lingua estranxeira Francés.
- 3ESO: Bioloxía e Xeoloxía, Economía, Educación Física, IAAE, L. Castelá, Matemáticas académicas, Matemáticas aplicadas e 2ª lingua estranxeira (Francés).
- 4ESO: Bioloxía e Xeoloxía, Economía , Educación Física, IAAE, L. Castelá, Matemáticas académicas, Matemáticas aplicadas e 2ª lingua estranxeira Francés.
- Seccións Bilingües. Nas materias de Educación Física de 3º ESO e TIC de 4º ESO, ambas impartidas en inglés. Grazas á participación do IES neste programa, contamos tamén cunha persoa Auxiliar de Conversa con horario completo, colaborando no desenvolvemento das competencias en inglés de gran parte do noso alumnado.
- Proxecto STEMbach. Bacharelato de excelencia na modalidade de Ciencias, con nove alumnos traballando durante toda a etapa en diversos ámbitos de investigación científica, baixo a coordinación do departamento de Bioloxía e Xeoloxía e en colaboración coa Universidade de Vigo.
- Contrato Programa Inclúe, nas modalidades de Iguála-T e Convive-T. O obxectivo é promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandonon escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional, e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa.
- PLAMBE. Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares para o impulso e desenvolvemento de proxectos de, para e desde a nosa biblioteca escolar.
- Clubes de lectura. No IES contamos con varios clubes para o fomento da lectura, orientados tanto a alumnado como á comunidade educativa.
- Radio na biblio, para a introdución da radio e a súa utilización como recurso didáctico no contexto das bibliotecas escolares.
- Plan Dixital de centro. Un plan para conseguir a plenta transformación tecnolóxica dos centros antes de 2030.
- Plan de Formación Permanente do Profesorado. O profesorado do IES está en formación continua a través de seminarios e grupos de traballo cos que pretendemos dar resposta ás necesidades de actualización e perfeccionamento das competencias profesionais docentes, cos seguintes itinerarios formativos en vigor neste curso 2022/23:
- Biblioteca. Centro creativo das aprendizaxes.
- STEM. Proxectos de investigación científica no Bacharelato.
- Aprendizaxe Cooperativa.
- Plan Dixital e recursos E-Dixgal.
- Aulas Inclusivas.