![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Orientación
Menús
Profesorado do departamento |
![]() |
Libros |
|
![]() |
Lexislación
|
Espazos | |
![]() |
Programación Dto. Plan de Intervención - Especialista en PT
|
![]() |
Materiais para os alumn@s |
![]() |
Materias pendentes |
|
Ligazóns de interese |
![]() |
ACTIVIDADES PARA ADQUISICIÓN DE LINGUAS |
![]() |
Actividades Complementarias |
TODA A INFORMACIÓN SOBRE A ABAU
XORNADAS DIVULGATIVAS POR VIDEOCONFERENCIA DA OFERTA EDUCATIVA DOS CICLOS DE FP DUAL DA ÁREA DE VIGO
Nos vindeiros días será publicada a oferta educativa de FP en todas as modalidades así como a oferta de FP DUAL. Para dar a coñocer esta oferta, os próximos días 23 e 25 de xuño en franxa horaria de mañá e tarde haberá unhas xornadas divulgativas por videoconferencia da oferta educativa dos ciclos de FP Dual que se realizan na área de Vigo e sur de Pontevedra, explicando como se desenvolverán, con qué empresas e respostando as dúbidas que poidan xurdir.
Realizaranse dúas presentacións para os ciclos medios e outras dúas para os ciclos superiores, como podedes comprobar nos carteis adxuntos. Ademáis, adxuntamos as instrucións para acceder á videoconferencia para aquelas persoas que nunca utilizaron Webex.
CONVOCADAS PRAZAS DE RESIDENCIA NOS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES PARA REALIZAR ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS NO CURSO 2020/2021
REQUISITOS:
1. Estar matriculado/a en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 desta orde no curso 2020/21 (centros públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo).
2. Non repetir curso. Excepcionalmente e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos.
3. Non ter sido expulsado/a no curso anterior dun centro residencial nin estar sometido/a a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia descritas no artigo 15 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.
4. A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
Excepcionalmente, por circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas, a comisión de valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento deste requisito, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e dos informes que se consideren oportunos.
Existen ademais outros requisitos económicos e unha valoración académica para obter unha praza bonificada.
CALENDARIO ADMISIÓN UNIVERSIDADE DE GALICIA 2020
RESOLUCIÓN SOBRE A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO AO CURSO ACADÉMICO 2020/2021 NOS GRAOS ELEMENTAL E PROFESIONAL DAS ENSINANZAS DE MÚSICA E DANZA
- Data de inscrición: mes de xuño.
- Data da proba: A partir do 1 de setembro.
- Os centros publicarán os calendarios.
- As probas realizaranse sin músicos acompañantes.
- Data de inscrición: Do 1 ó 10 de xuño. A través da aplicación informática Centros.NET, do enderezo de correo electrónico do centro educativo, ou doutros medios non presenciais dos que dispoñan.
- Data da proba en 1º curso: A partir do 15 de xuño. En 1º curso a proba será mediante medios telemáticos.
- Data da proba a partir de 2º curso: En setembro.
- Os centros organizarán o calendario.
- Non haberá músicos acompañantes nas probas.
MATRÍCULA NAS ENSINANZAS:
Iniciarase a partir do 8 de xuño.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
