Skip to Content

Normas Covid 2022/23

Segundo as instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da COVID-19 no ámbito educativo no curso 22-23, este ano non haberá un protocolo específico de adaptación ao contexto da COVID-19 nas aulas. Porén, ditas instrucións recollen unha serie de recomendacións para o novo curso:

  1. Ventilación de espazos, realizando ventilación cruzada frecuente nas instalacións, sobre todo ao inicio e remate da xornada, durante os recreos e entre clases. 
  2. Hixiene de mans e hixiene respiratoria, promovendo o lavado de mans regular e recomendando tusir ou esbirrar sobre a cara interior do cóbado ou nun pano.
  3. Uso de máscara, sendo obrigatorio no transporte escolar e recomendable no caso das persoas que presenten síntomas compatibles coa COVID-19 ou outra sintomatoloxía respiratoria, e naquelas persoas con criterios de vulnerabilidade.

As persoas que presenten síntomas compatibles coa COVID-!9 non precisan illamento pero deberán utilizar máscara e manter unha hixiene de mans e respiratoria axeitada e evitar interacionar con persoas vulnerables. En calquera caso, se a sintomatoloxía impide asistir con normalidade ao centro, non se acudirá, como en calquera enfermidade común.

Aviso adiamento do reparto de ordenadores

INFORMACIÓN RELEVANTE PARA O ALUMNADO DE 1ESO: Por motivos alleos ao centro vémonos na obriga de adiar, ata novo aviso, a entrega de ordenadores e-Dixgal polo que queda cancelado o reparto do martes 5 de setembro.

A nova data comunicarase, á maior brevidade posible, a través de mensaxe ABALAR, na web do centro e nas nosas redes sociais. 

Lamentamos as molestias que este cambio de última hora poida ocasionar.

Inicio do curso 2022/23

 

O curso académico 22-23 comezará o vindeiro xoves 8 de setembro, co horario habitual de 8.45 a 14.25 e con servizo normal de transporte escolar. A primeira hora, o alumnado será recibido polas/os titoras/es dos grupos na pista de terra á dereita do pavillón, se o tempo o permite. En caso contrario, a benvida será no pavillón. Tras esta primeira sesión coa titora, seguirase o horario normal o resto da mañá.

Para saber a qué grupo foi asignado cada alumna/o, as familias deberán consultar a aplicación móbil ABALAR ou as listas que estarán expostas na entrada do centro a partir do luns 5 de setembro.

Recordamos ás familias algunhas datas importantes neste inicio de curso:

·Entrega dos ordenadores e-Dixgal ás familias do alumnado de 1ESO: martes 6 de setembro ás 19.00, na aula soto do edificio.

·Data límite para inscribirse na ANPA: venres 9 de setembro.

·Data límite para solicitar a validación entre as ensinanzas profesionais de música e danza e as materias de ESO e Bacharelato: venres 30 de setembro na secretaría do centro.

Bo inicio de curso 22-23! 

Solicitudes de axuda de material excluídas (provisional)

 

Xa está publicada no taboleiro da Secretaría do Centro a listaxe provisional de solicitudes de axuda de material EXCLUÍDAS. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Recórdase que existe a posibilidade de reclamar esta resolución os días martes 12 e mércores 13 de xullo, na Secretaría do Centro en horario de 09:00 a 14:00. Non hai un impreso específico para dita reclamación pero pódese consultar a orde que regula este proceso na seguinte ligazón.

A listaxe definitiva publicarase o venres 22 de xullo e, a partir de martes 26 de xullo, as persoas admitidas poderán pasar a recoller o vale na Secretaría do Centro de 09:00 a 14:00 durante o mes de xullo, e de 11:00 a 13:00 no mes de agosto. IMPORTANTE: só poderá recoller o vale a persoa solicitante do mesmo, presentando o seu DNI.

Listado de libros de texto Curso 2022/23

 

 

Na seguinte ligazón pódese consultar o listado de libros de texto para o curso 2022-23. Recoméndase non comprar ningún libro, especialmente os marcados con asterisco, ata recibir indicacións da/o profesora da materia ao principio de curso.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ABAU CURSO 21-22

Os exames da Convocatoria Extraordinaria das ABAU do curso 21-22 terán lugar os días 12, 13 e 14 de xullo de 2022 no Edificio de Ciencias Experimentais da Universidade de Vigo, salvo aquel alumnado ao que lle fose concedida a adaptación das probas, que realizará as mesmas na Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo. 

Pódese consultar o horario das diferentes probas no seguinte enlace.

Nesta ocasión, non haberá servizo de autobús para o alumnado, polo que deberá achegarse ás sedes dos exames pola súa conta. 

 

Resultados ABAU Ordinaria 2021/22

 

 

PARABÉNS A TODO O ALUMNADO DO IES SAN PAIO QUE CO SEU ESFORZO CONSEGUIU SUPERAR ESTA PROBA

91% de APTAS/OS

  • Dos 77 alumnos/as presentados á convocatoria ordinaria, 70 resultaron aptos
  • Ademáis, 9 destas alumnas/os obtiveron máis dun 9 na súa cualificación, polo que recibiron un Diploma do Programa A Ponte da Universidade de Santiago de Compostela:
    • YASMIN ABUSHENDI ALAMRI
    • BRUNO FERNÁNDEZ DÍAZ
    • MAR FONT CALZADO
    • ALDARA GONZÁLEZ VEIGA
    • CLAUDIA MARTÍNEZ ROMERO
    • CLARA PEREIRA PEREIRA
    • SOFÍA RODRÍGUEZ PORTELA
    • DANIELA SANZ TOUCEDO
    • CLAUDIA SOLLEIRO RODRÍGUEZ
  • Tamén 18 alumnas/os obtiveron unha cualificación entre 8 e 9:
    • Paula Cabaleiro Rodríguez
    • Laura Castiñeira Vidal
    • Alejandro Ferreira Iglesias
    • Lorena González Álvarez
    • Sofía González Vidal
    • Ana Martínez García
    • Akira Moreira Kashima
    • Alba Pascual Rodríguez
    • Martín Prieto Mato
    • Nicolás Prieto Mato
    • Celia Rodríguez Cañellas
    • Borja Salvado Areal
    • Raúl Valencia Posada
    • Nuria Vázquez Otero
    • Sabela María Vázquez Santás
    • Miguel Veloso Rodríguez-Gironés
    • Carlota Ventura Pérez

INICIO VACACIÓNS

 

Este mércores 22 de xuño rematan as clases do curso académico 21-22. A entrega dos boletíns de notas terá lugar o luns 27 ás 10.00 h para o alumnado de 2BAC nas súas aulas de referencia e o martes 28 ás 10.00 h para o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO e 1º BAC, tamén nas aulas de refencia.

O alumnado de 4ºESO, que ten que facer devolución dos equipos E-Dixgal, recollerá os boletíns na planta soto do edificio, en quendas:

           4ºESO A _ 10.00 h · en 2BAC A                    

           4ºESO B _ 10.30 h · en 1BAC D                   

           4ºESO E _ 11.00 h · en 1BAC D

           4ºESO D _ 11.30 h · en 1BAC D

           4ºESO C _ 12.00 h · en 1BAC D

Recórdase tamén que o prazo de matrícula para curso 22-23 esténdese dende o 25 de xuño ao 10 de xullo.

 

ANPA: notificacións varias

No seguinte documento recóllese información relevante da ANPA do IES San Paio, en referencia ás datas de devolución do importe subvencionado de saídas, recollida de libros e convocatoria de asamblea ordinaria, entre outros asuntos.

Ademáis, a inscrición como socio/a da ANPA poderá facerse antes do 09 de setembro de 2022 entregando este impreso, que está tamén dispoñible na conserxería do centro.  

NOVIDADES E CALENDARIO FINAL DE CURSO

 

 

NOVIDADES E CALENDARIO NOS CURSOS DA ESO

Este curso introducíronse por parte da Consellería algunhas novidades importantes na ESO, como a desaparición dos exames de setembro (convocatoria extraordinaria) e certas modificacións neste tramo final do calendario escolar.

Así, rematadas hoxe as sesións de avaliación do terceiro trimestre:

  • Boletíns: mañá 10 de xuño será entregado a todo o alumnado da ESO o boletín de cualificacións, que estará tamén dispoñible para as nais/pais a través de Abalar a partir das 16.00 h.
  • Clases: infórmase de que as clases continúan con normalidade para TODO o alumnado, con actividades tanto de reforzo e ampliación como de preparación das recuperacións daquelas partes da materia non superadas, prolongándose ata o mércores 22 de xuño, último día lectivo do curso.
  • Recuperacións: se ben todo o período entre o 6 e 22 de xuño é avaliable, entre os días 20 e 22 o alumnado con partes por recuperar terá as últimas probas de recuperación.
  • Avaliación final: rematadas xa as clases, as sesións de avaliación final por parte do profesorado faranse os días 23 e 27 de xuño.
  • Boletíns con cualificacións definitivas. Os boletíns coas cualificacións definitivas do curso entregaranse ao alumnado, na súa aula de referencia, o día 28 de xuño, ás 10.00 h. achegándose tamén aos responsables por Abalar ás 16.00 h. dese mesmo día.
  • Reclamacións: os días 28 e 29 son os días habilitados para solicitar revisión das probas e, no seu caso, presentar reclamación formal (na Secretaría, de 9.00 a 14.00 h).

NOVIDADES E CALENDARIO EN 1º DE BACHARELATO

Este curso introducíronse por parte da Consellería algunhas novidades importantes tamén no Bacharelato, con desaparición dos exames de setembro, pero NON da convocatoria extraordinaria, que pasa a realizarse entre os días 20 e 22 de xuño. Así, rematadas hoxe as sesións de avaliación do terceiro trimestre e ordinaria:

  • Boletíns: mañá 10 de xuño será entregado a todo o alumnado de 1º Bacharelato, o boletín de cualificacións, que estará tamén dispoñible para as nais/pais a través de Abalar a partir das 16.00 h.
  • Clases: infórmase de que as clases continúan con normalidade para TODO o alumnado en TODAS as materias, con actividades tanto de reforzo e ampliación como de preparación das recuperacións daquelas partes da materia non superadas (de ser o caso), prolongándose ata o mércores 22 de xuño, último día lectivo do curso. 
  • Recuperacións (convocatoria extraordinaria): se ben todo o período entre o 6 e 22 de xuño é avaliable, entre os días 20 e 22 terá lugar a convocatoria extraordinaria para o alumnado con materias suspensas, cun calendario de exames establecido ao efecto pola Xefatura de Estudos e que se dará a coñecer na vindeira semana. 
  • Avaliación extraordinaria: rematadas xa as clases e estas probas extraordinarias, as sesións de avaliación extraordinaria por parte do profesorado faranse os días 23 e 27 de xuño.
  • Boletíns con cualificacións definitivas. Os boletíns coas cualificacións definitivas do curso entregaranse ao alumnado, na súa aula de referencia, o día 28 de xuño, ás 10.00 h. achegándose tamén aos responsables por Abalar ás 16.00 h. dese mesmo día.
  • Reclamacións: os días 28 e 29 son os habilitados para solicitar revisión das probas e, no seu caso, presentar reclamación formal (na Secretaría, de 9.00 a 14.00 h).

NOVIDADES E CALENDARIO EN 2º DE BACHARELATO

Este curso introducíronse por parte da Consellería algunhas novidades importantes tamén no Bacharelato, con desaparición dos exames de setembro, pero NON da convocatoria extraordinaria, que pasa a realizarse entre os días 20 e 22 de xuño. Así: 

  • Graduación/despedida: o venres 10 de xuño, ás 19.00 h, na Praza da Estrela (porto fluvial do Miño), terá lugar o acto de despedida e entrega de orlas para todo o alumnado de 2º Bacharelato.
  • Clases: infórmase de que as clases continúan con normalidade para o alumnado con materias suspensas, sendo o período comprendido entre o 18 de maio e o 22 de xuño un prazo de tempo para a preparación xunto ao seu profesorado das probas de recuperación a afrontar entre o 20 e o 22.  Polo tanto, neste período, terase en conta a asistencia a clase, a realización de tarefas e as posibles probas que se fagan, e non só os exames dos días 20 a 22. O alumnado aprobado pero que desexe preparar as probas ABAU pode igualmente asistir a clase.
  • Recuperacións (convocatoria extraordinaria): se ben todo o período entre o 18 de maio e 22 de xuño é avaliable, entre os días 20 e 22 terá lugar a convocatoria extraordinaria para o alumnado con materias suspensas, cun calendario de exames establecido ao efecto pola Xefatura de Estudos e que se dará a coñecer na vindeira semana. 
  • Avaliación extraordinaria: rematadas xa as clases e estas probas extraordinarias, as sesións de avaliación extraordinaria por parte do profesorado faranse o día 23 de xuño.
  • Boletíns con cualificacións definitivas. Os boletíns coas cualificacións definitivas do curso entregaranse ao alumnado, na súa aula de referencia, o día 27 de xuño, ás 10.00 h., pero achegaranse xa por Abalar aos responsables ás 22.00 h. do día 23 de xuño, unha vez rematadas as avaliacións.
  • Reclamacións: os días 27 e 29 son os habilitados para solicitar revisión das probas e, no seu caso, presentar reclamación formal (na Secretaría, de 9.00 a 14.00 h).

Ante calquera dúbida, poden contactar do equipo directivo a través do teléfono ou enderezo electrónico do IES.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut