Skip to Content

REPARTO DE MÁSCARAS seguindo a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universiddde

 

Ao longo da mañá do venres 17 farase entrega das máscaras a aqueles/as alumnos/as que tiveran dereito ao cheque de material. Trátase dun sobre con 5 máscaras de tela reutilizables de diferentes cores.

Aqueles/as alumnos/as que, por distintos motivos, non se atopen hoxe no instituto terán que pasar a recollelas na Secretaría do centro nos vindeiros días, debendo asinar un documento que acredite a súa recollida. Durante o período vacional recoméndase comprobar antes o horario de apertura do IES.

MARTES 7, DÍA NON LECTIVO DE CENTRO

Estimadas familias,

Lembramos que o vindeiro martes 7 non é lectivo no noso centro, polo que voltaremos ás aulas o xoves 9! 

 

Covid-19: cómo actuar e informar ao instituto

Agora que o becho agroma de novo, é tempo de extremar precaucións e de lembrar como debemos actuar.

Facémolo con estes 5 pasos da imaxe e recordando que sempre que haxa unha información relevante relacionada co Covid-19 (contacto, positivo, alta e regreso...) debedes contactar co IES para poñelo en coñecemento do equipo directivo (que é tamén o equipo Covid). Podedes facelo por teléfono ao 886110762 ou tamén escribindo unha mensaxe ao enderezo ies.sanpaio@edu.xunta.gal, poñendo no asunto: Equipo Covid.

No apartado Novas da web, sección Protocolo Covid, podes tamén consultar máis información acerca de como actuar se es:

Xa queda menos! Moitas grazas pola túa colaboración!

 

CANDIDATURAS, CENSOS, SORTEO DA MESA ELECTORAL E MÁIS INFO. ACERCA DAS ELECCIÓNS A CONSELLO ESCOLAR 2021

Celebrada o mércores 17 de novembro de 2021 a segunda reunión da Xunta Electoral con motivo das eleccións 2021 ao Consello Escolar, publicouse na web do centro:

  • A acta da sesión.
  • As candidaturas proclamadas en cada sector (alumnado, profesorado e PAS).
  • Os censos definitivos de electores.
  • As papeletas de votación para cada sector.
  • O resultado do sorteo público para a mesa electoral do alumnado.
  • E a organización da xornada electoral (día, horarios, lugares).

Todos estes documentos poden consultarse na sección Novas, premendo en Eleccións ao Consello Escolar, ou directamente nesta ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanpaio/node/2712

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE LEITE E CACAO DE SOS TOMIÑO-BAIXO MIÑO

Dende o martes 16 de novembro ata o venres 03 de decembro estará en marcha no noso instituto a campaña de recollida de leite e cacao organizada por SOS Tomiño-Baixo Miño. Esta asociación asistencial con ámbito de actuación nos concellos de Tui, Tomiño, O Rosal e Oia, organiza esta campaña todos os anos para proporcionar almorzo ás familias máis necesitadas da comarca.

Anímate e colabora deixando nas caixas da entrada a túa aportación! Non desaproveites a oportunidade de axudar aos que temos máis preto!!

CRITERIOS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

 

Segundo a Orde do 28 de outubro de 2021, terán dereito á distribución gratuíta de máscaras:

 

  • As alumnas/os que foron beneficiarias/os do VALE de material escolar neste curso (as recibirán automaticamente, sen necesidade de solicitude).

 

  • Ou alumnas/os que cumpran cunha destas condicións:
    • Familia con renda per cápita inferior ou igual a 6000€.
    • Estar matriculada/o en educación especial.
    • Estar suxeita/o a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.


As solicitudes deben presentarse na Secretaría do centro, no prazo comprendido entre o 15 e o 26 de novembro de 2021, de 9 a 14 horas.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2021

 

Estimada comunidade educativa do IES San Paio.

Este ano toca renovación de parte do Consello Escolar. A partir de mañá e ata o vindeiro martes 16 de novembro poderán presentarse as candidaturas para os sectores con membros a renovar: profesorado, alumnado e PAS (non hai membros a renovar mediante eleccións no sector de nais, pais e titores legais).

Podedes consultar toda a información (resolución, calendario, circulares, actas da Xunta Electoral, os censos de electores, composición do Consello Escolar a renovar, cartel das eleccións ou o impreso de candidatura) na páxina web do IES, no apartado Novas, sección Eleccións ao Consello Escolar, ou ben directamente na seguinte ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanpaio/node/2712

Aproveitamos para lembrar que é preciso renovar catro alumnos, cinco profesores e un representante do PAS, así que animádevos a presentarvos! Podedes facelo desde mañá ata o vindeiro martes 16, entregando o impreso debidamente cuberto na Secretaría (podedes pedilos alí ou descargalos e imprimilos desde a web, na ligazón sinalada).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut