Skip to Content

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA PARA 2BAC E MATERIAS PENDENTES DE 1BAC

Este é o calendario para as probas de 2º Bacharelato (e recuperación de materias pendentes de 1º) na súa convocatoria extraordinaria, que terán lugar neste mes de xuño nas datas e aulas indicadas na táboa. Moito ánimo neste último esforzo para superar curso e etapa.

 

 

Selección e premio ao traballo da Biblio - Xeografías Lectoras

O traballo do equipo da bibloteca, profesorado e alumnado vese recompensado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia na iniciativa CREAcción para o Día do Libro 2021 seleccionando as nosas actividades e premiándonos cun lote de libros.

ARAÑEIRA LITERARIA

BOOKFACE

 

PARABÉNS A TODXS!!

 Seleccionados na proposta CREAcción 2021

2º BACHARELATO: CUALIFICACIÓNS


As cualificacións da avaliación ordinaria de 2º Bacharelato poden consultarse en Abalar desde as 23.00 h do venres 14 de maio. A entrega dos boletíns por parte dos titores/as terá lugar o vindeiro mércores 19, nas horas indicadas na imaxe e nas aulas respectivas de cada grupo.

Durante os días 19 e 20 de maio o alumnado poderá solicitar a revisión de exames nas distintas materias ou, en caso de desacordo, presentar unha reclamación formal ante a dirección do centro, seguindo os prazos e pasos indicados na Circular 2/2021, publicada no apartado Novas da páxina web do IES.

 

ADMISIÓN 2021-22: PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS

Publicadas as listaxes definitivas de solicitudes admitidas e non admitidas para o vindeiro curso 2021-22, que poden consultarse no taboleiro da Secretaría do centro ou ben a través da aplicación Admisión Alumnado (neste caso, só con Certificado Dixital ou con Chave 365).

Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

 

Material Titorías e aulas: Letras Galegas e Xela Arias

Materiais para as titorías ou cases co gallo do Día das Letras Galegas e a homenaxeada deste ano: Xela Arias.

Podedes acceder a través dos QR ou nos enlaces directos nas imaxes do PDF adxunto.

Enlaces directos no PDF adxunto

As catro décadas da xeografía vital de Xela Arias

De Sarria a Vigo pasando por Lugo, Santa Comba, Santiago, Pontevedra, Chapela, Moaña, A Guarda ou Cangas: velaquí algunhas das etapas do periplo xeográfico de Xela e a estes lugares cómpre engadir moitos outros percorridos a través das súas múltiples traducións e recitais porque para ela a poesía non era só palabra escrita, tamén era palabra viva, palabra proclamada, palabra comprometida para mellorar o mundo.

A existencia de Xela foi demasiado breve (aquelas ás que os deuses aman, morren novas) mais os seus camiños foron longos, cheos de aventuras, cheos de experiencias.

Se como dixo outro poeta as nosas vidas son ríos que desaugan no mar, Xela xa é mar pero -Marica Campo dixit- O mar era a palabra e Xela igual que a deusa / xurdíu dunha vieira e pousou o sorriso onde ancorou o tempo.

APERTURA DE 2ESO D e 2ESO E, E ACTUALIZACIÓN


 

Comunicamos ás familias que MAÑÁ, MARTES 4 DE MAIO, PROCEDEMOS Á APERTURA DE AULAS EN 2ESO D e 2ESO Eexclusivamente PARA O ALUMNADO QUE XA RECIBIU A ALTA

Por suposto, non poderá volver ningún alumno/a que se atope nunha nova etapa de confinamento por calquera outro contacto con positivo.


A situación, en 2ESO, queda logo ACTUALIZADA da seguinte maneira:

  • 2ESO A: TODO O ALUMNADO NA AULA.
  • 2ESO B: REGRESO A PARTIR DO 8 MAIO. A partir dese día poderá incorporarse o alumnado con 2ª PCR negativa ou ben cando se cumpran os 14 días desde o último contacto (cúmprense o martes 11, polo que volverían o mércores 12).
  • 2ESO C: REGRESO A PARTIR DO 8 MAIO. A partir dese día poderá incorporarse o alumnado con 2ª PCR negativa ou ben cando se cumpran os 14 días desde o último contacto (cúmprense o martes 11, polo que volverían o mércores 12).
  • 2ESO D: REGRESO MAÑÁ MARTES 4 DE MAIO. A partir dese día poderán incorporarse os alumnos/as que teñan a súa PCR negativa. 
  • 2ESO E: REGRESO MAÑÁ MARTES 4 DE MAIO. A partir dese día poderá incorporarse o alumnado con 2ª PCR negativa, ou ben cando se cumpran os 14 días desde o último contacto (cúmprense o venres 7, polo que saen da corentena o sábado 8 de maio).

Seguiremos actualizando esta información a través desta páxina web, a aplicación Abalar Móbil, e cun aviso no Instagram do IES.

Nova semana de Froita Fresca (luns 3 a venres 14 de maio)

Comezamos coa segunda quenda da Semana da Froita Fresca para fomentar hábitos de vida saudables, desta vez desde o luns 3 ao venres 14 de maio. En cada recreo, na mesa de Conserxería, haberá tres pezas de froita fresca e de tempada a disposición do alumnado: mazá, pexego glabro (nectarina) e plátano. 

 

 

PECHES AULAS EN 2ºESO

ACTUALIZACIÓN DA INFORMACIÓN. MANTENSE O PECHE EN 2ºESO D

Pedimos desculpas por interpretar mal a información de Sanidade, que todavía non autoriza a apertura da aula de 2ºESO D ata que se teñan recibidos todos os resultados das probas PCR e sexan negativos. A situación é distinta da de 2ºESO A porque nese grupo non houbo ningún positivo.

ACTUALIZACIÓN - NOVAS 2º ESO (xoves 29 de abril 2021)

 

Comunicamos que MAÑÁ, VENRES 30, PROCEDEMOS Á REAPERTURA DE AULAS EN 2ESO A, exclusivamente PARA O ALUMNADO QUE XA RECIBIU A SÚA PCR NEGATIVA, que neste momento son xa case todos. 


A situación, en 2ESO, por grupos, queda logo ACTUALIZADA da seguinte maneira:

  • 2ESO A: VOLTA ÁS AULAS MAÑÁ VENRES 30, salvo o alumnado que aínda non fixo/obtivo PCR negativa (tan só un).
  • 2ESO B: confinamento ATA VENRES 7 DE MAIO, incluído (cando se cumpren 10 días desde o último contacto con positivo, e sempre previa alta da CSC).
  • 2ESO C: confinamento ATA VENRES 7 DE MAIO, incluído (cando se cumpren 10 días desde o último contacto con positivo, e sempre previa alta da CSC).
  • 2ESO D: VOLTA ÁS AULAS en breve, cando todo o alumnado do grupo teña PCR negativa (faltan 4 alumnos).
  • 2ESO E: confinamento ATA LUNS 3 DE MAIO, incluído, e sempre previa alta da CSC.

Non houbo tampouco comunicación de ningún novo caso, así que a situación do centro permanece igual cá onte, con 10 positivos (9 en 2ESO e 1 en 4ESO).

Seguiremos actualizando esta información a través da aplicación Abalar Móbil, nesta páxina web e no Instagram do IES.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut